Rego, Montse

  (Lugo  1969 - )
  Alias: Rego, Montse
Montse Rego nace en Lugo no ano 1969. Se gradúa na Escola de Artes e Oficios "Ramón Falcón" de Lugo e na Escola de Artes e Oficios "Mestre Mateo" de Santiago de Compostela. Os inicios da súa traxectoria artística están unidos á Galería Trinta de Santiago de Compostela, onde realizou varias exposicións e coa que viaxa á feira ARCO en Madrid, durante os anos 2000, 2001 e 2002.

No ano 2000, foma parte do proxecto Lost in Sound no CGAC de Santiago de Compostela, na exposición colectiva International Weather Vane itinerante por diversas cidades europeas e na XXVI Bienal de Arte de Pontevedra. No 2001 gana o primeiro premio no IX Certamen de Artes Plásticas de Lugo e participa na XI Bienal Internacional de Vilanova de Cerveira. No 2004 forma parte das as exposicións «Clónicas» da Casa dás Artes de Vigo e en «Beizos de Penélope» na Galería C5 de Santiago de Compostela.Paralelamente desenvolve talleres pedagógicos para nenos no CGAC e na Fundación Granell de Santiago de Compostela.

No ano 2007 deseña e produce a roupa de traballo para o proxecto Audiolab do colectivo Escoitar.org no MARCO de Vigo.

Ver menos