Orza, Pablo

  (Zamora  1971 - )

Naceu en Zamora, pero a súa familia afincouse en Galicia e dende entón combinou as súas estanzas no estranxeiro, coas súas vivencias en Baiona (Pontevedra) e A Coruña. Licenciado en Belas Artes pola Universidad de Salamanca, realizou os cursos de Postgrao na Universidad Politécnica de Valencia, entre 1994 e 1996.

En 1996, fixo un programa de Postgrado no "Studio Arts Centers Internacional ", en Florencia, Italia, bolsado pola Fundación Caixa Galicia, sendo un dos tres primeiros bolseiros de artes plásticas, desta entidade. Hoxe en día traballa activamente no Centro de Novas Tecnoloxías de Pico Sacro (TPS), que el mesmo creou no 2003 e que ten como obxectivo básico, segundo o artista: "propiciar el desarrollo de un mayor concienciación de la naturaleza y modalidades de la relación del ser humano con la Tierra " 1.

O Pico Sacro é un lugar enerxeticamente moi especial, xa que é totalmente de seixo, material moi apreciado no mundo da xemoterapia, e un dos montes máis representativos da mitoloxía galega. Orza a miúdo fomúlase se a inspiración pode provir de elementos externos ou está simplemente nun mesmo, pero o que si ten claro é que o Pico Sacro é un sitio especial de inspiración para el e para a xente que o acompaña no seu grupo de música e nas distintas performaces que realizan dende este colectivo.

As primeiras experiencias artísticas de Pablo Orza, teñen un carácter aparentemente tridimensional, amosando unha certa fricción entre as categorías da pintura e a escultura, tendencia que permanece posteriormente na elaboración das súas pezas. A tea preséntase como un obxecto autónomo, enfatizando a manufactura e as súas feridas por enriba doutros valores construtivos.

Nas súas pinturas non falta a presenza do texto, que inclúe a modo de grafito como unha reflexión sobre a acumulación de citas da cultura contemporánea. Nalgunha das súas pezas, o artista emprega a madeira, facendo referencia á obra de Lucio Muñoz, con quen traballou nun obradoiro de verán do Museo Unión Fenosa.Os "teatrillos abstractos" realizados con cravos, teas e madeira, son das últimas series de Orza, onde a base do seu traballo son fotos e textos que emprega como fondo. Tamén desenvolve distintas instalacións coas denominadas segundo el "obras máquinas", xa que "las piezas tienen la capacidad de interactuar con los espectadores tal como lo hacen las máquinas, cumplen un cometido, aunque este se defina de manera mediática"   2.



1 IGLESIAS, A.: "Pablo Orzainvita a la reflexión a través de su muestra (re-) Galicia", en El Correo Gallego, 26 de enero de 2004.

2 FRANCO, C.: "Revisar el presente ", en La Voz de Galicia, 31 de enero de 2004.   

3 Bolseiros de Artes Plásticas da Fundación Caixa Galicia (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1998. 

CAPEÁNS, J.: "Intenté hacer una radiografía del pasado que nos condiciona ", en La Voz de Galicia, 23 de xaneiro de 2004.

A Escultura Galega na Colección Caixavigo e Ourense: Últimas Incorporacións (catálogo), Caixavigo, Vigo, 2000.

I Exposición de Pintores Galegos (catálogo), Concello de Vedra, A Coruña, 2001.

II Exposición de Pintores Galegos (catálogo), Concello de Vedra, A Coruña, 2004.

FRANCO, C.: "Revisar el presente ", en La Voz de Galicia, 31 de xaneiro de 2004.

Fundación Diego Santomé (catálogo), Galería Bacelos, Vigo, 2002.

Fundación Diego Santomé (catálogo), MARCO, Vigo, 2003.

IGLESIAS, A.: "Pablo Orza invita a la reflexión a través de su muestra (re-) Galicia", en El Correo Gallego, 26 de xaneiro de 2004.

VIII Mostra Artexove 2003 (catálogo), Concello de Pontedeume, Pontedeume, 2003.

VIII Mostra Unión Fenosa (catálogo), Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF), A Coruña, 2004.

OTERO, F.: "Pablo Orza. Repensar o territorio en (re-) Galicia", en El Correo Gallego, 8 de febreiro de 2004.

Pablo Orza (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1999.

POUSA, L: "Orza rinde tributo al mundo del libro ", en El Ideal Gallego, 8 de setembro de 1999.

III Premio Auditorio de Galicia (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 2003.

Xoves Artistas Galegos (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1996.

Ver menos