Ruiz Picasso, Pablo

  (Málaga  1881 - Mougins.  1973)
  Alias: Picasso

Naceu en Málaga e aos 10 anos chegou á Coruña, coa súa familia, onde seu pai tomou posesión da cátedra de Debuxo de Figura e Adorno na Escola de Belas Artes desta cidade. En 1892, iniciou os seus estudos artísticos, matriculándose nesta Escola, tendo como profesor a Isidoro Brocos, que influiu moito no pintor malagueño ao longo da súa estanza nesta cidade.

En 1894 pinta os primeiros retratos utilizando como modelos aos seus familiares. Trátase de óleos clásicos e bosquexos persoais.  En 1895, abandonou A Coruña e xunto coa súa familia trasladouse a vivir a Barcelona, xa que seu pai intercambiara a súa praza coa do profesor Román Navarro, da Llotja de Barcelona.

 En 1897 xa instalado en Barcelona frecuenta a cervexaría "Els Quatre Gats", centro da intelectualidade  de vangarda , onde o artista era habitual nos seus faladoiros, e na súa "Sala Gran", exhibiu por primeira vez de forma individual, en 1900. Nestas datas a obra do pintor, a base de longas pinceladas, mostra a influencia do Greco.A finais dese ano, Picasso viaxou por primeira vez a París, e alí vinculouse coa colonia española, especialmente coa catalá. Nesta cidade coñeceu a obra de Toulouse-Lautrec, e a súa influencia farase visible nas súas pinturas e pasteis, así como na temática: os principais temas das súas obras parisinas son escenas populares e de teatro.

 O suicidio de Carles Casagemas, con quen realizara esta viaxe e co que compartía estudio, inspiroulle a Picasso unha nova orientación temática: unha meditación triste, en ocasións amarga, sobre o sentido da vida. É o comezo da súa etapa azul denominada así pola acusada tendencia monocromática cara a esta cor. "Fue pensando en Casagemas cuando empecé a pintar todo en azul ". As visitas á prisión de mulleres impresionaron tanto ao artista, que realizou varios retratos delas presentándoas, en ocasións, como maternidades fronte ao mar.
O retrato de Carlotta Valdivia, encargada dun burdel en Barcelona, marcou a fin desta etapa azul. Pouco a pouco Picasso foi dando paso a novas cores e novos temas, aparecen na súa obra saltimbanquis e artistas de circo. É o inicio da etapa rosa. 
    
 En abril de 1904, realizou a súa derradeira e definitiva viaxe a París. Instalouse no edificio coñecido como Bateau-Lavoir, relacionándose principalmente cos artistas cataláns Canals e Manolo Hugué. Máis tarde coñeceu a Apollinaire, André Salmon e Fernande Olivier, que se convertiría na súa compañeira sentimental dese primeiros anos parisinos.

No verán de 1906 viaxou con Fernande a Gósol a Horta del Ebro, onde se fixo patente o seu interese pola pintura de Cézanne, que inspira o modelado e o modo de plasmar os volumes. Nestes anos coñece tamén a arte negra e a escultura ibérica que serán determinantes na súa produción máis inmediata. Pecha a súa etapa rosa e comeza a realizar unha serie de obras experimentais que en 1907 se materializan en "Les Demoiselles d Avignon", punto de partida dun novo movemento de vangarda: o Cubismo, que cultivará xunto ao seu amigo Braque, e ao que máis adiante se unirá Juan Gris.

 En 1912, o cubismo pictórico evoluciona da primeira etapa analítica -denominada así polo minucioso facetado das imaxes e a reducida gama cromática baseada en tonos sienas, ocres e grises- cara ao "Cubismo Sintético", no que incorporan elementos reais á análise do obxecto:trozos de papeis pintados, periódicos ou cordóns; serán os chamados "papiers collés".

Ao mesmo tempo seguiu investigando na escultura, comezando a realizar as "ensamblaxes", pezas escultóricas que resultan de ensamblar distintos obxectos que unidos compoñen unha nova imaxe, como as súas numerosas "guitarras". A ensamblaxe supuxo unha revolución no campo da escultura, que empezou a explorar novas vías, desprendéndose por fin os resavios academicistas e avanzando cara a modernidade.

En 1917, iniciou unha relación cos Ballets Russes, casando cunha das súas bailarinas, Olga Koklova. Nestes anos Picasso abandona paulatinamente o cubismo, que é substituido por unha volta á figuración, peneirada polo influxo de Ingres e a arte clásica, xurdindo o denominado "neo-clasicismo" monumental de profundas raíces mediterráneas. Os seus temas principais serán os relacionados co circo -principalemente os arlequíns- e o nu, a miúdo representado en figuras situadas fronte ao mar. A súa fama nos anos 20 chegou a tal punto que todos os pintores que chegaban a París, procedentes da Península, incluían no seu programa a visita ao estudio de "Pablo el grande ", en palabras de Alejo Carpentier.

 En 1936 ADLAN (Amigos De Las Artes Nuevas ) organizou a súa primeira retrospectiva en España, que viaxa a Barcelona, Madrid e Bilbao. Este mesmo ano realizou o "Guernica",  encargo do goberno  da II República para o pabellón español da Exposición de París de 1937 e inspirado no bombardeo desta localidade vizcaína pola aviación alemá durante a Guerra Civil española. O proceso creativo desta obra é un dos mellores documentados, pois conservamos numerosos estudos dos distintos elementos alegóricos que nel se representan, ademais das fotografías realizadas por Dora Maar, daquela amante do pintor.

En 1945, afiliouse ao partido Comunista francés e, artisticamente, entregouse á litografía. En 1947, traballou o campo da cerámica, sen abandonar nunca a pintura. En 1948 o Goberno francés concedeulle a "Medalla de Reconocimiento francés", e en 1950 recibiu o Premio Lenin da Paz. En 1961, trasladouse a Mougins e alí realizou unha revisión de obras mestras da arte baixo a súa propia estética, como "Las Meninas" de Velázquez ou o "Almuerzo  campestre" de Manet. En 1963 inaugurouse o Museo Picasso de Barcelona. Dez anos máis tarde, o 8 de abril, morreu na localidade francesa de Notre-Dame-de-Vie, en Mougins.

En 1985 creouse, no antigo Hotel Sale, o Museo Picasso de París. Os seus primeiros fondos fórmanse a partir dunha colección de máis de 400 obras que, o Estado francés conseguiu en concepto de pago dos dereitos de sucesión, e incrementouse en 1990, tras a morte de Jacqueline Picasso, a sú última muller.

 A súa obra expúxose nos principais espazos de todo o mundo, tanto de forma individual como colectiva, e forma parte das máis prestixiosas coleccións: Museo Picasso (Barcelona), Museo Picasso (París), Museum of Modern Art (Nova Iork), Centro Georges Pompidou (París), Galería Nacional de Praga, Metropolitam Museum of Art (Nova Iork), National Gallery of Art (Washington D.C.), Tate Gallery (Londres), Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), Museo del Ermitage (Leningrado), Moderna Museet (Estocolmo), Guggenheim Museum (Nova Iork).

AINAUD DE LASARTE, J.: Carnet Picasso. La Coruña, 1894-1895, Editorial Gustavo Gili, Barcelona, 1971.

ÁLVAREZ MARTÍNEZ, M.ª S.: “La fascinación por la obra de arte”, Santiago, punto de encuentro. Obras maestras de la Catedral y Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2010.

Artistas Galegos: pintores (novecentos). O Picasso Coruñés, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

BARR, A.H.: Picasso. Fifty years or his Art (catálogo), Museum of Modern Art, Nova Iork, 1946.

BERGER, J.: The Succes and Failure of Picasso , Londres, 1965.

BERGER, J.: Ascensión y caída de Picasso, Madrid, 1973.

BOECK, W. ; SABARTÉS, J.: Picasso: Nova Iork, 1955, Barcelona, 1958.

BRASAÏ : Conversaciones con Picasso, Aguilar, Madrid, 1966.

CABANNE, P.: Le siecle de Picasso, París, 1975.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del Arte Español del siglo XX, 1991.

CASSOU, J.: Picasso, París, 1975. 

COCTEAU, J.: Picasso, París, 1923. 

COOPER, D.: Picasso et le theatre, París, 1967.

CORNIDE FERRANT, E.: "La Coruña y Picasso", en Galicia en Madrid núm. 5, novembro, 1982.

CORNIDE FERRANT, E.: Pablo Picasso: La Coruña, lugar de su nacimiento artístico, Galicia Editorial, A Coruña, 1991.

CROW, TH.: El arte moderno en la cultura de lo cotidiano , Akal, Madrid, 2002. 

DAIX, P.: Picasso, Planeta, Barcelona, 1991.

DAIX, P.: Picasso. L homme et son oeuvre, París, 1964.

DAIX, P.: Les afiches de Pablo Picasso, Bale-París, 1970. 

DAIX, P. ; ROSSELET, J.: Le cubisme de Picasso. Catalogue raissoné de l´oeuvre peint, 1907-1916, Barcelona, 1980.

D. OLANO, A.: Picasso gallego, ediciones El Correo Gallego, Santiago de Compostela, 1991.

DUNCAN, D.D. : Le petit monde de Pablo Picasso, París, 1959.

DUNCAN, D.D. : Les Picasso de Picasso, Barcelona, 1961.

ELUARD, P.: A Pablo Picasso, Xenebra, 1944.

JACOB, M.: Souvenirs sur Picasso, París, 1927.

LASSAIGNE, J.: Picasso, París, 1949.

MAILNER, N.: Picasso (retrato del artista joven ), Alfaguara, Madrid, 1997.

MALRAUX, A.: La tete d´obsidiane, París, 1974, Bos Aires, 1974. 

Mujeres pintadas: la imagen de la mujer en España (1890-1914), Fundación Cultural Mafre Vida, Madrid, 2003.

OLIVIER, F.: Picassoy sus amigos, Madrid, 1961.

PADÍN, A.: Los cinco años coruñeses de Pablo Ruiz Picasso (1891-1895), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1991. 

PADÍN, A.: "De cuando Picasso se enamoró y sintió morriña de La Coruña", en Abrente, Publicación de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, núm. 21-22, 1989-1990.

PALAU i FABRE, J.: Picasso. Cubismo ( 1907-1917), Barcelona, 1990.

PENROSE, R.: Picasso: Su vida y su obra, Argos Vergara, Barcelona, 1981.

PENROSE, R.: La vie et l oeuvre de Picasso, París, 1967.

PENROSE, R.: Picasso. 1881-1973, Londres, 1973.

Picasso. Catálogo de pintura y dibujo, Museo Picasso de Barcelona, Ayuntamiento de Barcelona, Barcelona, 1996.

Picasso e A Coruña, Concello de A Coruña, A Coruña, 1982.
 
Picasso i els 4Gats: La clau de la modernitat,
Museu Picasso, Lunwerg editores, Barcelona, 1995.

"Picasso y la mujer ", en Arte y Parte, núm. 2, abril-maio 1996.

Picasso  Joven, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 2002. 

Picasso, Miró, Dalí (catálogo), Palacio de Bellas Artes de Bruselas, Bruxelas, 1985.

RAYNAL, M.: Picasso, París, 1922.

RICHARDSON, J.: Picasso una  biografía, vol.1, Alianza Editorial, Madrid, 1995. 

RUBY, W.: Picasso and Braque. Pioneering cubism (catálogo), Museo de Arte Moderno de Nueva York, Nova Iork, 1989.

SABARTÉS, J.: An Intimate Portrait , W.H.Allen, London, 1949.

SEOANE, L.: "La infancia gallega de Picasso ", en Galicia emigrante núm.7, Bos Aires, decembro, 1954.

STEIN, G.: Picasso, Bos Aires, 1959.

TZARA, T.: Picasso et les chemins de la conaissance, París, 1948.

VALLENTIN, A.: Picasso, New York, 1963.

Ver a Picasso: la relación de Picasso con los artistas españoles, Guillermo de Osma Galería, Madrid, 2001.

VV.AA.: Santiago, punto de encuentro. Obras maestras de la Catedral y Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2010

Ver menos