Pereira, Pamen

  (Ferrol, A Coruña  1963 - )
  Web artista: http://www.pamenpereira.com/

É unha das protagonistas principais do grupo de artistas xurdidos en Galicia a partir do movemento Atlántica, a pesar de que fixou a súa residencia en Valencia cidade onde se formou. Dende a súa primeira mostra individual na Galería Post-pos (1987) a crítica especializada apostou pola súa obra, respaldándoa e impulsando as súas mostras individuais en distintas galerías españolas: Víctor Martín (Madrid, 1989), Paral-lel 39 (Valencia, 1991), Galería Trinta (Santiago, 1992) ou Rafael Ortiz (Sevilla, 1992). A consecución dunha mención nos concursos artísticos "Premio L’Oreal" e no "XIX Premio Bancaixa de Escultura y Pintura de Valencia", xunto co respaldo institucional das bolsas Unión Fenosa para creación artística no estranxeiro (1996-1997) e a Bolsa de "Escultura en el Parque de Esculturas Tierras Altas Lomas de Oro en Villoslada de Cameros" (La Rioja, 2000) foron un acicate para a súa carreira. Aínda que o mellor exemplo da aceptación que logrou a obra de Pamen son as mostras monográficas organizadas polo CGAC (Santiago de Compostela, 2001) e o "Centro Cultural Torrente Ballester" ("Un solo sabor". Ferrol, 2003).

A obra de Pamen Pereira móvese entre o pictórico e o obxectual, entre as relacións do mundo simbólico e natural. Os seus comezos, a mediados da década dos oitenta, están marcados polo uso de elementos de contido simbólico como a auga, o aceite e a luz, cos que realiza instalacións cun forte compoñente poético que tamén está presente na súa obra posterior. Partindo do soporte fotográfico en grandes formatos, realiza reproducións de reversos de follas que posteriormente modificaba ou interviña, debuxando ou superpoñendo motivos de referencia, dotándoos dunha carga emocional, antes mental que puramente visual. 

Actualmente distanciouse dos fondos fotográficos que se convertiron en neutros espazos brancos sobre os que, debuxados con fume, xurden do baleiro obxectos de forte carga alegórica. A imaxe conxelada e reelaborada e o obxecto real captado na súa presenza física pero cuestionado na súa existencia temporal, convertíronse nunha negra e flamígera silueta, como o perfil dun negativo captado na súa aura.

MONOGRAFÍAS:

Heisses Wasser für den Tee (Agua caliente para el té) (catálogo), Museum zu Allerheiligen, Schaffhausen, 1996.

Metafísica sin cielo (catálogo), Club Diario de Levante, Institut Valencià de la Joventut, Generalitat Valenciana, Valencia, 1993.

Pamen Pereira (catálogo), Galería Víctor Martín, Madrid, 1989.

Pamen Pereira. Becas de Creación Artística en el Extranjero (catálogo), Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 1998.

Pamen Pereira. Gabinete de traballo, o encontro coa sombra (catálogo), CGAC, Santiago de Compostela, 2001.

CATÁLOGOS COLECTIVOS:

A 3 bandas(catálogo), Galerías Ángeles de la Mota, Rafael Ortiz, Paral.lel 39, Barcelona, 1991.

A 3 bandas (catálogo), Galerías Ángeles de la Mota, Rafael Ortiz, Paral.lel39, Barcelona, 1992.

A Arte Inexistente. As artistas galegas do século XX (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

Artistas Ferroláns. Sete visións actuais (catálogo), Xunta de Galicia, A Coruña, 1994.

II Bienal de Artistas Galegas (catálogo), Concello de Vigo, Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller "ALECRÍN", Vigo, 1990.

IV Bienal de pintura "Ciudad de Pamplona " (catálogo), Ayuntamiento de Pamplona, Pamplona, 1993.

VII Bienal de Arte Ciudad de Oviedo (catálogo), Ayuntamiento de Oviedo, Oviedo, 1996.

Cinco Voces (catálogo), Generalitat Valenciana, Valencia, 1989.

Femenino plural. Doce artistas valencianas (catálogo), Generalitat Valenciana, Agencia Española de Cooperación Internacional, Valencia, 1997.

Fisuras na percepción. XXV Bienal de Arte de Pontevedra (catálogo), Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 1998.

De Galicia. Novos creadores galegos (catálogo), Xunta de Galicia, Instituto de la Juventud, Ministerio de Asuntos Sociales, Madrid, 1989.

Galicia, Terra Única. Galicia hoxe (catálogo), Xunta de Galicia, A Coruña, 1997.

Jove creació. Colección de arte joven (catálogo), Club Diario de Levante, Institut Valencià de la Joventut, Generalitat Valenciana, Valencia, 1994.

II Mostra Unión Fenosa (catálogo), Unión Fenosa, A Coruña, 1991.

III Mostra Unión Fenosa (catálogo), Unión Fenosa, A Coruña, 1993.

IV Mostra Unión Fenosa (catálogo), Unión Fenosa, A Coruña, 1995.

Nomes propios. Imaxes do desexo (catálogo), Xunta de Galicia, A Coruña, 1992.

Al oeste (catálogo), Club Diario de Levante, Institut Valencià de la Joventut, Generalitat Valenciana, Valencia, 1991.

Otras Naturalezas (catálogo), Consejería de Cultura, Murcia, 2001.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigra Trea, Vigo, 2003.

Paysage Contemporain (catálogo), Ediciones Cimal - Arte Internacional, Valencia, 1997.

XIX Premio Bancaixa de pintura y escultura (catálogo), Fundació Bancaixa, Valencia, 1992.

VIII Premio de pintura L'Oreal (catálogo), Procasa, L'Oreal España, Madrid, 1992.

IX Premio de pintura L'Oreal (catálogo), Procasa, L'Oreal España, Madrid, 1993.

Punto'88 (catálogo), Centro Cultural de la Villa, Ayuntamiento de Madrid, Madrid, 1988.

XIII Salón de los 16 (catálogo), Grupo 16, Madrid, 1993.

Semellanzas e contrastes. Visións da arte peninsular da última década a través de tres colecións (catálogo), Deputación de Pontevedra, Consellería de Cultura e Xuventude, Pontevedra, 1992.

Trazos e camiños. Exposición de arte galega (catálogo), Xunta de Galicia, A Coruña, 1993.

Vinte anos vinte escultores. GaliciaEscultura (catálogo), Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol, 2002. 

Ver menos 

Obras do artista