Calzada, Paz de la

  (Madrid  1967 - )

 Licenciouse en 1991 na Facultade de Belas Artes de Salamanca. Realizou distintos cursos e talleres ata que en 1996 a Deputación da Coruña lle concedeu una bolsa de Creación Artística en México, cidade onde realizaría os seus cursos de postgrado. A súa tese de mestría leva por título Desencuentros en el laberinto, cuestión que tratará amplamente ao longo da súa traxectoria pictórica e escultórica, caracterizada por labirintos entrelazados. 

 A idea do labirinto, o oculto, o enrevesado transpira nas súas obras, que nos últimos anos levou á terceira dimensión en madeixas de tea anoadas. O nó sérvelle para transmitir a desorientación e opresión do ser humano, atrapado en confusos labirintos dos que intenta saír. A idea de opresión exprésase en mans anoadas faltas de liberdade, mentres a confusión e a desorientación están nas madeixas, que en ocasións adquiren certo carácter lúdico, ao estar decoradas como se se tratase de papeis de parede.

Obtivo a mestría en Artes Plásticas, en 1998, na Escuela Nacional de Artes Plásticas da UNAM en México D.F., especializándose en Pintura. Actualmente encóntrase en California cunha bolsa "Artista Residente" subvencionada polo Kala Art Institute de Berkeley.

IV bienal de Lalín: Pintor Laxeiro, Xunta de Galicia, Concello de Lalín, Santiago de Compostela, 1999.

V bienal de Lalín: Pintor Laxeiro, Xunta de Galicia, Concello de Lalín, Santiago de Compostela, 1999.

VI bienal de Lalín: Pintor Laxeiro, Xunta de Galicia, Concello de Lalín, Santiago de Compostela, 2003.

Paz de la Calzada: Entretejidos (catálogo), Galería Javier Marín, Málaga, 2002.

III premio de Pintura para Novos Valores José Malvar (catálogo), Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1997.

III premio para xoves artistas 2003, Concello de Santiago, Santiago de Compostela, 2003.

Ver menos 

Obras do artista