González Fernández, Roberto

  (Monforte de Lemos, Lugo  1948 - )
  Web artista: http://www.r-gonzalezfernandez.com/

Naceu en Monforte de Lemos en 1948 dentro dunha familia que dende curta idade potenciou a súa faceta artística. En 1967 trasladouse á cidade da Coruña onde simultaneou os estudos de preuniversitario coas clases da Escola de Artes e Oficios. Ese mesmo ano realizou a súa primeira exposición. O curso seguinte matriculouse na Facultad de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, na que permaneceu durante o período 1969-1974. En 1977 trasladou a súa residencia a Edimburgo, ata 1982, ano no que se estableceu entre esta cidade e Madrid. En 1984 recibiu a bolsa de The New York Foundation for the Arts.

A obra de González entronca cunha tradición artística, que despunta nos anos sesenta e setenta, e require á fotografía o seu valor expresivo. Figuras representativas desta tendencia foron Rainer, Boltanski, Polke, Darío Villalba, etc. No caso deste artista, con frecuencia a xénese dos cadros ten como referencia unha toma fotográfica. A conxunción dunha tendencia formal realista cunha cimentación conceptual autobiográfica, relaciónao con artistas como Frida Kahlo ou Joseph Beuys. Durante toda a súa carreira unha das súas preocupacións fundamentais foi o home e a maneira de retratar psicoloxicamente ao personaxe. Como recurso, a miúdo acode ás representacións iconográficas clásicas e ao mundo da poesía. 

Dende mediados dos sesenta, o artista, realiza series cerradas. A súas primeiras obras centráronse en retratos dos seus coñecidos realizados con lapis e carbón. Un segundo paso, a partir do ingreso na Facultade de Belas Artes, foi a incursión da cor e a caracterización expresionista.

No ano 1973 realizou as súas primeiras series a lapis: Beisbolistas, Eróticos e Refinerías . Nelas xa aparecen elementos que se irán conformando como característicos da súa produción, cunha estética herdada da fotografía. O seu protagonista é o home e reflexiona sobre o sexo e a mímese. Esta última profundiza no coñecemento a través da percepción da imaxe e como, ao apropiarse dela, o autor transfórmaa en favor da expresión do su persoal universo. As series Arquitecturas e Azules (1974-1975), enriquecidas polo uso da cor, fan mención a situacións inquedantes e sórdidas. O descubrimento que fai, por esta época, da Literatura traslócese nos títulos que dá aos seus traballos.

Ao ano seguinte, xa en Edimburgo, comezou a traballar co óleo en Laberintos, onde personaxes solitarios habitan nunha paisaxe arquitectónica esquemática. Fixou a súa vivenda temporalmente en California e retomou o debuxo a lapis. Os seus cadros desta época seguen estando formalmente próximos á fotografía: Elephant walk, reproduce unha cidade ideal chea de símbolos e en Parade, integra a súa propia imaxe como modelo. Regresou a Edimburgo e comezou a traballar no obradoiro "Printmakers Workshop " a técnica do gravado.

A data de 1981 coincide ca súa obra Historia sagrada, onde utiliza como fundamento a súa iconografía, chea de referencias personais, un texto religioso. A continuación Vida privada (1982) onde toma retallos de situacións persoais e inclúe citas explícitas tomadas da Historia da Arte. A continuación realizou outra serie de arquitecturas (Arquitectura Edimburgo) que engaden alegorías construtivas á súa linguaxe que reutilizará posteriormente noutras creacións.

Co transcorrer dos anos, tanto nos seus debuxos como na obra gráfica, o aumento in crescendo do corpus simbólico marcará a tendencia conceptual. Tecnicamente inclúe novos recursos como a litografía, a augaforte, o verniz brando e a cor (Tumbas y Laberintos II). A partir de 1988 este peso temporal infire tematicamente e enfatiza a incomunicación do ser humano e a falta de control sobre a súa propia vida. O cadro fragméntase, procedemento que xa experimentara esporádicamente con anterioridade, conformando trípticos e polípticos. 

A década dos noventa inaugurouse coa asunción técnica do óleo sobre lenzo. As referencias literarias desaparecen lentamente e a carga simbólica vai en aumento, universalizándose sen perder por isto a forma de diario íntimo. En Victimarios e Amenazas, a iconografía profundiza na  relación entre a víctima e o victimario e sobre a sensación dual de ameaza no noso ambiente cotián. Tras a morte do seu pai realizou unha serie de retratos de seres queridos, que son os protagonistas fundamentais de toda a súa produción, una disquisición sobre a morte. En 1993 finalizou a serie Holyrood (ler comentario técnico da obra), iniciada en 1981. Este mesmo ano realizou On the move , redundando na rutina e DEAYM onde reflexiona sobre a ambigüidade iconográfica da representación de San Sebastián ao longo da historia. A expresión corporal e as referencias ao Barroco (pasións escenificadas) configuran o conxunto consecutivo, Orestes, Orestes (1995) onde reproduce a secuencia temporal do encontro entre dúas persoas. O conxunto tivo a súa continuación fotográfica anos máis tarde.

 En 1995 realizou Arriaza,  onde toma o illote como representación da súa propia imaxe, un tema que integrará en Encuentros (2001). Outra serie é a Caída del Imperio Romano, na que representa un obxecto/personaxe, un anxo dourado de aire barroco, que supón "o enfrontamento de dúas forzas contrarias: o creativo e desintegración". (Esta obra ten unha versión fotográfica). Outro exemplo dos seus traballos é o conxunto de fotografías que realiza a partir de agosto de 1991 para O Correo Galego: Alfabeto, referencia ao alfabeto latino. Nesta etapa xogará cos trípticos de maneira que haberá un segundo en óleo que utilice fragmentos do primeiro e un terceiro, este en fotografías, que reproduza o segundo, introducindo así o concepto de interminable sucesión ao servizo da creación artística. Nas súas obras TC e Máscara de Arriaza compaxinou a pintura, gravado e escultura. Entre 1997-2001 realizou AT onde versionea unha obra de Lawrence Alma-Tadema. As súas últimas producións ata o momento foron Vánitas e Babel (sobre un cadro de Breughel).

Roberto González incorpora á súa linguaxe as novas tecnoloxías informáticas e así constrúe a súa páxina web, onde se poden ver proxectos como Aproximaciones , foto en B/N da súa propia vida. A súa obra está presente en múltiples mostras individuais e colectivas, no territorio nacional e internacional. e forma parte de coleccions como a do Museo de Belas Artes (A Coruña), Westfield State College (Massachusets), Edimburgh City Arts Center (Edimburgo), Gabinete de Estampas de la Biblioteca Nacional (Madrid),  Academia de Bellas Artes de San Fernando (Madrid), AT & T Art Collection (Nueva York), Concello da Coruña, BBC Scotland Art Collection, Calcografía Nacional (Madrid), Ely Art Gallery, Scottish Arts Council Colletion, Kelvingrove Art Gallery Museum (Glasgow), entre outras.

ÁLVAREZ ENJUTO, J. M.: 40 + ó -  (catálogo), Centro Cultural del Conde Duque, Madrid, 1994.

AMARO, C.: Las heridas pintadas del deseo (catálogo), Galería Italia, Alacant, 1991.

AMARO, C.: Cuatro rituales de dolor y deseo (catálogo), Galería Leandro Navarro, Madrid, 1992.

Artistas Gallegos en ARCO'84 (catálogo), Dirección Xeral de Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1984.

Artistas galegos: pintores (Realismo - Expresionismo - Abstracción). Roberto González Fernández, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

BONET, J. M.: "Miradas complices", en Manolo Prieto y el Toro de Osborne (catálogo), España Abierta, Madrid, 1995.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del arte español del siglo XX: artistas, Mondadori, Madrid, 1991.

CASTAÑO, A.: "Nuevo Realismo español ", en Realismo español, Caja Murcia, Murcia, 1994.

CASTELO ALVAREZ, B.: Imaxes da Imaxe (catálogo), Casa da Parra, Santiago de Compostela, 1995.

COLEMAN, C.: Voces Interiores (catálogo), Fo, Santillana, Madrid, 1986.

COLEMAN, C.: "Un repaso a los realismos ", en Tierra de Nadie (catálogo), Centro Cultural de la Villa, Madrid, 1992. 

CÓNDOR ORDUÑA, M.: Roberto González Fernández. Si todo fuera dicho , Debate, Madrid, 1989.

COOPER, E.: Parade (catálogo), Henderson Gallery, Edimburgo, 1981.

COOPER, E.: The sexual perspective , Routledge & Kegan, Londres, 1986.

DANVILA, J. R.: Una isla, un mundo. Realidad y artificio (catálogo), Galería Pardo Bazán, A Coruña, 1997.

FERNÁNDEZ-CID, M.: "Imágenes y préstamos. Una forma de mirar ", en Realidade. Realismos (catálogo). Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1997.

FERNÁNDEZ, A.: "Un paseo por el paisaje de un siglo", en Paisajes de un siglo (catálogo), Ayuntamiento de Pamplona, Caja de Burgos, Caja Vital, 1997.

GARRIDO MORENO, A.: In Memoriam (catálogo), Galería Pardo Bazán, A Coruña, 1991.

GARRIDO MORENO, A.: "Iconos relaciones ", en Copia de seguridad, Fundación Caja Madrid, Pontevedra, 2001.

Gran Enciclopedia Gallega, Tomo XVI, Editorial Silverio Cañada, Santiago de Compostela, 1978. 

HENRY, Cl.: "New Scottish Prints ", en Britain salutes New York (catálogo), Scottish Arts Council, Edimburgo, 1983.

INFANTE, J.: Tampoco es la realidad (catálogo), Fundación Colegio del Rey, Alcalá de Henares, 1987.

INFANTE, J.; MARTÍNEZ MERLO, L.: Víctimas del deseo . Debate, 1991.

KEMP, A.: San Francisco (catálogo), Henderson Gallery, Edimburgo, 1980.

LUCY-SMITH, E.: The Male Nude in Art , Phaidon, Londres, 1985.

MARQUÉS, J. C.: Roberto González Fernández, Galería Leandro Navarro, 1987. 

MARQUÉS, J. C.: Roberto González Fernández, Universidad del País Vasco, Bilbao, 1987. 

MARTÍNEZ-NOVILLO, A.: 14 realistas españoles (catálogo), Ayuntamiento de Murcia, Murcia, 1994.

MAZORRA, J.: Sin retorno (catálogo), Galería Oliva Mara, Madrid, 1987.

MAZORRA, J.: Roberto González Fernández, Galería Leandro Navarro, Madrid, 1988.

MAZORRA, J.: Los años ochenta. Tránsitos . Las Artes Plásticas, Ayuntamiento de Madrid, Madrid, 1989.

MAZORRA, J.: RGF Obra Gráfica 1971-1989, Galería Arteara, Madrid, 1989.

MAZORRA, J.: Introduction ( catálogo), Galería Ruth Siegel, Nova York, 1989.

MAZORRA, J.: Partes de un todo (catálogo), Ayuntamiento de Leganés, Leganés, 1990.

MAZORRA, J.: Paréntesis sobre lo poco de realidad (catálogo), Galería Italia, Alacant, 1990.

MAZORRA, J.: Seducidos y seductores (catálogo), Consejería de Cultura, Murcia, 1990.

MAZORRA, J.: Cuando la mirada domina (catálogo), Casa de la Cultura, Zamora, 1990.

MAZORRA, J.: Roberto González Fernández 1990-1992 (catálogo), Galería Leandro Navarro, Madrid, 1992. 

MAZORRA, J.: Holyrood (catálogo), Galería Leandro Navarro, Ayuntamiento de Madrid, Diputación de Cádiz, Caja Vital, Madrid,

MAZORRA, J.: Te amo - te odio (catálogo), Galería Antonio de Barnola, Barcelona, 1993.

MAZORRA, J.: Autopintura (catálogo), Caja Burgos, Burgos, 1994.

MAZORRA, J.: Juegos iconográficos de amor y muerte (catálogo), Galería Félix Gómez, Sevilla, 1994. 

MAZORRA, J.: Esperando a los bárbaros (catálogo), Galería Clérigos, Lugo, 1996.

MAZORRA, J.: Orestes - Orestes (catálogo), Galería Pardo Bazán, A Coruña, 1996.

MIRALLES, F.: Topografías (catálogo), Galería Barbié, Barcelona, 1996.

Orden, desorden y costumbre, Museo de Ceuta, Ceuta, 2002. 

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

Realmente? (catálogo), Centro de Torrente Ballester, Ferrol, 2001.

Roberto González Fernández. Tres alfabetos, Centro Cultural Conde Duque, Madrid, 1998.

Roberto González Fernández. Pintura 1990-1994, Fundación Caja Vital Kutxa, Vitoria, 1994.

R.G.F. (catálogo), Fundación Colegio del Rey, Alcalá de Henares, 1989.

RUSSELL-TAYLOR, J.: Journeys. G.M.P., Londres, 1988.

SAAVEDRA SEGUNDO, F.: "La pintura autobiográfica", en Autorretrato , Caixa Galicia, A Coruña, 1997.

SALAZAR, M. J.: "El realismo como medio de expresión actual", en Realismo entre dos milenios (catálogo), Ayuntamiento de Valladolid, Ayuntamiento de Palma, 1995.

STERN, J.: "Figuring Art ", en Monochrome/Plychrome (catálogo), Florida State University, Florida, 1990.

STIRTON, P.: "Introduction ", en Grease & water (catálogo), Scottish Arts Council, Edimburgo, 1983.

VASCO, A.: Otros desnudos (catálogo), Caixa Galicia, A Coruña, 1996.

VILLALBA, G.: "RGF", en el catálogo de la Fundación Colegio del Rey, Alcalá de Henares, 1987.

WILSON, Th.: Elephant Walk (catálogo), Henderson Gallery, Edimburgo, 1980.

ZABALBEASCOA, A.: Arquitecturas pintadas (catálogo), Galería Antonio de Barnola, Barcelona, 1994.

ARTÍCULOS DE PRENSA:

"ABECEDARIO", en El Correo Gallego, Revista das Letras, núm. 7, 1 de agosto de 1991.

ARCONADA, A.: "Los nuevos realistas españoles ", en Alerta, 16 de agosto de 1986.

ARROYO, Mª D.: "Realismo en España", en Crítica de Arte, núm. 21, decembro, 1981.

ARROYO, Mª D.: "Roberto González Fernández", en Crónica 3, xaneiro, 1987.

ARROYO, Mª D.: "Realismo español de la mano de  Roberto González", en Información Cultural, febreiro, 1987.

ARROYO, Mª D.: ""Series in memoriam", en El Punto de las Artes, 16 de maio de 1997.

BERMEJO, J. M.: "Antológica de Roberto González Fernández: una mirada sobre la realidad ", en Ya, 15 de xaneiro de 1987.

BERMEJO, J. M.: "El realismo de González Fernández, en Alcalá de Henares", en Ya, 16 de xaneiro de 1987.

BLAIN, S.: "Fernández reviewed ", en The Outlook, outubro de 1984.

BUGALLAL, J. L.: "Correo de la Coruña", en ABC, 20 de abril de 1967.

CALVO SERRALLER, F.: "Mórbida y melancólica modernidad. Dos muestras de Roberto González ", en El Pais, 16 de xaneiro de 1987.

CALVO SERRALLER, F.: "Colegio del Rey: Exposición de Roberto González", en Puerta de Madrid, 17 de xaneiro de 1987.

CALVO SERRALLER, F.: "Roberto González Fernández", en Época, núm.99, 1987.

CALVO SERRALLER, F.: "Roberto González Fernández", en DeMadrid, febreiro, 1987.

CALVO SERRALLER, F.: "Se abrió la exposición de Roberto González Fernández en la Capilla Oidor ", en Nueva Tribuna, 20 de agosto de 1987.

CALVO SERRALLER, F.: "Roberto González, Conceptos del instante ", en Agenda Cultural, núm.30, xaneiro, 1987.

CALVO SERRALLER, F.: "Monográfica en la Fundación Colegio del Rey; última obra en Oliva Mara", en El Punto, xaneiro de 1987.

CALVO SERRALLER, F.: "Roberto González", en ABC, 29 de xaneiro de 1987.

CALVO SERRALLER, F.: "Casi todo y casi todos ", en El País, 11 de febreiro de 1988.

CARRETE PARRONDO, J.: "Premio Penagos", en ABC, decembro, 1987.

CASADO, D.. "RGF, autorretratos "In Memoriam", en El Punto de las Artes, 1 de maio de 1991.

CATALÁ, A.: "Roberto González Fernández", en La Región, 7 de setembro de 1981.

"Cinco grabadores ", en ABC, 21 de decembro de 1984.

CLAY, S.: "Mirror image: RGF", en City Life Amsterdam, outubro de 1991.

COIA, E.: "Parade ", en The Scotsman, 28 de agosto de 1981.

COLLADO, Gl.: "Doce realistas españoles", en ABC, 25 de setembro de 1986.

COMESAÑA, P.: "Si todo fuera dicho ", en Faro de Vigo, 5 de agosto de 1984.

CONDOR ORDUÑA, M.: "Doce realistas españoles", en Mundo obrero, núm.406, outubro, 1986.

CONDOR ORDUÑA, M.: "Roberto González o la poesía de la intimidad ", en Mundo Obrero, 26 de agosto de 1987.

COOPER, E.: "Dream-like Quality ", en Gays News, núm.198, 1981.

COOPER, E.: "Roberto González Fernández", en Gay News, núm.210, 1981.

COOPER, E.: "Realistic journeys ", en Gay Time, núm. 116, 1988.

DANVILA, J. R.: "Culto al cuerpo ", en El Mundo-escenarios,  setembro, 1996.

FERGUSON, W.: "Roberto González", en The Times Educ. Supp, 7 xuño de 1985.

"La figura humana como punto de referencia ", en Galicia 10, núm. 8, 1989.

FONTECOVA, H.: "Afortunada presentación de un novel ", en La Voz de Galicia, 15 de abril de 1967.

GAGE, E.: "Eros with the wraps off ", The Scotsman, 25 de febreiro de 1980.

GAGE, E.: "Round the Edinburgh Galleries ", en The Scotsman, 23 de marzo de 1981.

GAGE, E.: "Guru in the survival waistcoat ", en The Scotsman, 23 de agosto de 1981.

GALI, F.: "Dibujo II en la Ausias March", en Mundo Diario, 20 de febreiro de 1975.

GARCÍA OSUNA, C.: "Roberto González", en Ya, 14 de xaneiro de 1987.

GARCÍA VIÑOLAS, M. A.: "Roberto González", en Pueblo, 21 de xaneiro de 1978. 

GARESSE, A.: "Roberto González Fernández", en Formas Plásticas, núm.24, 1988.

GÒMEZ SOUBRIER, J.: "Ala búsqueda del cuadro perdido ", en Album, núm.2, 1986.

"González Fernández", en Arte y Parte, núm.8, abril, 1997.

GOROZTIZAGA: "Roberto González en galería Dieciseis ", en Casa Viva, núm.59, maio, 1987.  

HENRY, Cl.: "Erotic Art ", en Glasgow Herald, 21 de xullo de 1981.

HENRY, Cl.: "Scottish Prints set to dazzle the New World ", en Glasgow Herald, 16 de abril de 1983.

HENRY, Cl.: "Edinburgh", en Arts Review , xuño, 1985.

HENRY, Cl.: "Roberto González Fernández", en Glasgow Herald, 7 de xuño de 1985. 

HENRY, Cl.: "Scotland", en Arts Review , xullo, 1986.

HENRY, Cl.: "Images of the Master Printmaker ", en Glasgow Herald, 8 de xullo de 1986.

HENRY, Cl.: "If everythingh was said ", en The List, xullo, 1986.

"HOLYROOD", en El País de las Tentaciones, núm. 31, 27 de maio de 1994.

JARQUE, F.: "Paisaje escocés", en El País, 9 de outubro de 1993.

JIMÉNEZ, P.: "Entre las dos Juanas, una generación ausente", en El Punto, 13 de febreiro de 1988.

JIMÉNEZ, P.: "ARCO'88: La semana de Arte Internacional", en Época, febreiro, 1988.

KORTADI, E.: "Cuatro Visiones de la realidad", en Deia, 21 de febreiro de 1986.

KORTADI, E.: "La nueva realidad simbólica de Roberto González", en Deia, 9 de maio de 1987.

LENS TUERO, J.: "Grandes Galerías. Grandes Artistas", en El Correo Gallego, 13 de marzo de 1988.

"A Liége la Fëte de la gravure", en Le Mensuel Literaire et Politique, febreiro, 1986.

"Litografías de R. G. en Novecento", en El Correo Gallego, 8 de novembro de 1984.

R. LÓPEZ, A.: "Roberto González Fernández, abranguer o desexo", en El Correo Gallego, 13 de marzo de 1988. 

MARÍN MEDINA, J.. "Neoclasicismo fin de siglo", en Guadalimar, núm. 115, 1992.

MAZORRA, J.: "Voces interiores", en Album, núm.6, novembro, 1986.

MAZORRA, J.: "Roberto González Fernández", en Album, núm.7, 1987.

MAZORRA, J.: "Holyrood. Interpretación de un paisaje", en La Ventana de Madrid, outubro, 1993.

MAZORRA, J.: "Retorno a Holyrood", en El Mundo Metrópoli, 8 de outubro de 1993.

McCULLOUGH, F.: "Edinburgh 1977-82", en Arts Review, agosto, 1982.

MICHELENA, C.: "Ruidoso triunfo", en El Progreso, 5 de abril de 1967.

"Monográfica en la Fundación Colegio Rey; su última obra en Oliva Mara", en El Punto de las Artes, 1987.

MORENO RUIZ de EGUINO, I.: "4 visiones de la realidad", en Diario Vasco, 1 de febreiro de 1986. 

MORENO RUIZ de EGUINO, I.: "Roberto González, recreación de una realidad", en Diario Vasco, 3 de maio de 1987.

PARREÑO, J. M.: "Roberto González: Mis obras son siempre mi vida interior", en ABC, 29 de xaneiro de 1987.

PEREDA, F.: "Objetos del deseo ", en El Mundo Magazine, núm. 133, 1992.

PÉREZ GUERRA, J.: "Litografías de Roberto González", en Cinco días, 25 de setembro de 1984.

PRADERA, E.: "Voces interiores: 12 realistas españoles ", en Formas Plásticas, núm. 13, 1986.

"REALISMO español de la mano de Roberto González", en Información Cultural, febreiro, 1987.

RUSSELL TAYLOR, J.: "Some adventures in the search for masterpieces ", en The Times, 12 de agosto de 1980.

RUSSELL TAYLOR, J.: "The Figurative Approach ", en Time Out, 22 de agosto de 1980.

RUSSELL TAYLOR, J.: "Holders of the classic tradition ", en The Times, 18 de xullo de 1981.

RUSSELL TAYLOR, J.: "Edinburgh Festival ", en The Times, 24 de agosto de 1981.

RUSSELL TAYLOR, J.: "Various Approaches ", en The Times, 31 de agosto de 1981.

RUSSELL TAYLOR, J.: "The Henderson Gallery ", en Midnight Media, núm.4, setembro, 1981.

RUSSELL TAYLOR, J.: "Fernández Parade", en Festival Times, 27 de agosto de 1981.

RUSELL TAYLOR, J.: "Selfportraits of the Artist as his/her own model ", en The Times, 5 de xaneiro de 1982.

RUSELL TAYLOR, J.: "Irresistible logic of adventure ", en The Times, 13 de maio de 1988.

SAEZ, M.: "Roberto González", en Arteguia, núm.38-39, 1978.

SANDERS, E.: "RGF at the Nicholas Treadwell G.", en Arts Review, agosto, 1992.

SARMIENTO, R.: "El escenario de la acción ", en La Voz de Galicia, 1 de maio de 1994.

TRAPERO PARDO, J.: "Un joven artista del retrato ", en El Progreso, 26 de xuño de 1966.

UBERQUOI, M. Cl.: "El arte -comprometido- en los tiempos del Sida ", en El Mundo, 1 de decembro de 1992.

"Víctimas del deseo ", en Formas Plásticas, 1991.

VILASECA, R.: "Promesa de un buen retratista ", en La Voz de Galicia, xuño, 1966.

VOZMEDIANO, E.: "RGF2, en Arte y Parte, Núm. 9, 1997.

YRAOLA, F. A.: "Galería Esti-Arte", en Arteguía, núm.7, febreiro, 1984.

Ver menos 

Obras do artista