González del Blanco, Roberto

  (León  1887 -  1959)

Aos dous anos de idade, orfo de pai, trasladouse coa súa nai a Santiago de Compostela para vivir co seu tío, Eugenio del Blanco Álvarez, que era Chanceler do Arcebispo. Alí realizou os seus estudos de Bacharelato, ao tempo que asistía a clases de debuxo con Eugenio Villar e Ángel Bar, recibindo as leccións de José Fenollera.

 En 1905 trasladouse a Madrid para estudar Ciencias Exactas. Ante o fracaso do curso matriculouse en Medicina, licenciatura que compaxinou coas súas clases nocturnas no Círculo de Belas Artes. Unha vez licenciado realizou unha viaxe de dous meses a Palestina e Exipto, grazas á herdanza que recibiu do seu tío, para máis tarde trasladarse a Florencia, lugar no que residiu durante un ano con outros artistas que estaban alí pensionados.

A Primeira Guerra Mundial sorprendeuna de viaxe por Grecia e Turquía, polo que decidiu trasladarse a Venecia, onde permaneceu ata que Italia entrou tamén no conflito mundial. En 1917, de novo en Madrid, concederonlle a terceira medalla na Exposición Nacional. A finais dese mesmo ano viaxou a Tánxer, e nos anos posteriores a Cuba e Nova York, onde montou un estudo na Rúa 47.

 Volveu a Galicia en 1924, para trasladarse, tres anos despois, a Cádiz onde conseguiu a Cátedra de Anatomía Pictórica da Escuela de Artes y Oficios desta cidade, na que tamén foi nomeado Académico de número da Real Academia de Bellas Artes. En 1933, por un concurso de traslado, regresou a Compostela, onde traballou como director da Escola de Artes e Oficios. Dous anos máis tarde conseguiu o título de profesor de debuxo da Escuela Superior de San Fernando de Madrid, lugar no que non residiu demasiado tempo, xa que volveu a Santiago, onde gañou a praza de profesor de debuxo da Escola de Traballo de Santiago de Compostela. Aquí montou un obradoiro de artesanía con Enrique Meyer, chamado Jacobea , nun inmueblo da rúa San Miguel (actual Museo das Peregrinacións), onde se realizaban traballos artesanais de vidreiras, mobles e pratería.

Durante estes anos expuso en Vigo, Montevideo, Santiago de Compostela e Bos Aires, aínda que as dificultades da Guerra Civil produciron un baleiro pictórico na súa produción. En 1954 foi nomeado Académico da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario da Coruña, que lle realizou unha homenaxe polo seu labor artístico en Santiago de Compostela nun ano despois.

O falecemento inesperado do seu fillo Rodrigo, en 1958, conmocionouno de tal forma que non chega a recuperarse deste feito. Gravemente enfermo, e vendo chegar a fin dos sus días, proxectou un sepulcro familiar. Morreu en Santiago de Compostela o 16 de outubro de 1959.

 A pintura de González del Blanco céntrase fundamentalmente na Galicia rural resumindo, a modo de crónica, as súas xentes, ambientes e labores do mundo agrícola e pesqueiro. A súa inclinación cara aos postulados do realismo costumista faise manifesta nas súas obras, e incluso relacionouse co Naturalismo de finais do século XIX e principios do XX. Ten un gran dominio do debuxo, da luz e a cor. As súas composicións son clásicas, con diagonais moi marcadas e facendo uso do medio e primeiro plano.

Artistas Galegos: pintores (rexionalismo II). González del Blanco, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

ESTÉVEZ ORTEGA, E., en Blanco y negro , 16 de maio de 1922.

Exposición antológica:  Roberto González del Blanco (catálogo), Obra benéfico social Caixa Ourense, 1995.

FRAGUAS, A. : "Roberto González del Blanco", en Homenaje a pintores compostelanos (catálogo), A Coruña, 1989.

FRAGUAS, A.: "Exposición de Roberto González del Blanco, en el Hostal ", en El Correo Gallego, 1955.


Galicia Arte. Arte Contemporánea, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

Historia e arte na 'casa grande do pozo', Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2002.

Historia del Arte Gallego, Ed. Alhambra, Madrid, 1982.

LÓPEZ FERREIRO, M.: "El realismo de Roberto González del Blanco", en Diario de Pontevedra, 1 de abril de 1993.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MÉNDEZ CASAL, A.: "Los dibujos de Roberto González del Blanco", en Blanco y Negro, ano 38, nº 1945.

MON, F.: Pintura Contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1987.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratrea, Vigo, 2003.

"O pintor Roberto González del Blanco exporá en Santiago", en Atlántico Diario, 14 de xuño de 1992.

Pintores Composteláns. Historia e renovación entre os séculos XIX e XX (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 2004.

PIÑEIRO FERNÁNDEZ, A.: "Retrospectiva de González del Blanco", en La Voz de Galicia, 28 de agosto de 1992.

Roberto González del Blanco (catálogo), Dirección Xeral de Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1992.

Roberto González del Blanco (catálogo), Estades, Madrid, 1964.

TORRE, M.A. de la: "Las impresiones de un visitante profano de la exposición de González Blanco", en Heraldo de Cuba , A Habana, 18 de abril de 1920.

TRAVIESO, J.: "Reencuentro con Roberto González del Blanco", en La Voz de Galicia, 4 de xullo de 1992.

"Vivir en Barbanza", en Diario 16 de Galicia, 27 de agosto de 1992.

Ver menos