Matta, Roberto

  (Santiago de Chile  1911 - Civitavecchia, Italia  2002)
  Alias: Matta, Roberto

Roberto Matta naceu no seo dunha familia de orixe vascoespañola. Cursou estudos de arquitectura e, unha vez licenciado, rompeu coa súa familia e foise vivir a París, onde en 1934 entrou a traballar no estudio de Le Corbusier. Pasou o Nadal de 1935 en Madrid na casa dun de seus tíos Carlos Morla Linch e Bebé Vicuña, diplomáticos chilenos, onde coñeceu a Rafael Alberti, Manuel Ángeles Ortiz, Maruja Mallo, Pablo Neruda e a Federico García Lorca, quen lle dedicou un libro “Llanto por Ignacio Sánchez Mejías” cunhas letras de presentación para Salvador Dalí.

En 1937 José Luis Sert contratouno para traballar no proxecto do pavillón de España na Exposición Internacional de París, con motivo do cal visitou varias veces a Picasso, que se encontraba realizando o Guernica. Ese mesmo ano coñeceu a Dalí, que así mesmo lle presentou a André Breton, quen quedou sorprendido pola súa obra e lle comprou dous debuxos. A partir daquela quedou integrado no grupo surrealista, acudindo a todas as reunións e exposicións. Estableceu amizade con Marcel Duchamp, responsable de que Matta marchase a Nova York en 1939. Nesta cidade converteuse nunha eminencia, pois era un dos poucos surrealistas que falaba inglés, exercendo un forte influxo sobre Jackson Pollock, William Baziotes e Robert Motherwell.

En 1948 volveu a Europa, establecéndose en Italia, e a partir de 1954 en París, sen que iso lle faga perder contacto con Nova York, converténdose nun dos artistas máis influentes e internacionais do momento. Dende aquela, e ata a súa morte, a súa carreira é unha sucesión de exposicións individuais en grandes galerías e nos museos máis importantes do mundo, premios e homenaxes. O éxito non lle impediu nunca abandonar o compromiso da súa militancia política de esquerdas, senón que ao contrario, saca partido do seu nome para levar a súa mensaxe social o máis lonxe posible.( José I. Abeijón-Mirian Sainz de la Maza)

Ver menos 

Obras do artista