Cidrás, Salvador

  (Vigo  1968 - )

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Pontevedra, realizou o Terceiro Ciclo na universidade do País Vasco, no programa La Escultura: práctica y límites (97-99). A continuación levou a cabo un Máster de Escultura en CGU nos Ánxeles, California. Empezou a expor de forma colectiva en 1991 e ao ano seguinte conseguiu a súa primeira mostra individual. Na súa traxectoria artística, recoñecida dende moi cedo, influiron as súas estancias como bolseiro en Alemaña, Irlanda ou EEUU. En 1999 comezou una fructífera colaboración xunto a Vicente Blanco, aunando, en proxectos como Bloody Nose e o Prisionero blanco, un punto de vista audiovisual á preocupación espacial, a creación de arquitecturas e ao deseño de "mobiliario".

"En lugar de considerar os termos artificial e natural como opostos, interésame formulalos como unha continuidade, rompendo a oposición que se dá entre a natureza e sociedade ou natureza e cidade" -comenta o artista- "Nesta orde de cousas, cando falo de natureza e cultura, fágoo como analoxías que se dan en procesos sociolóxicos e procesos naturais". Os traballos de Cidrás afástanse das representacións formais e non-narrativas das topoloxías do noso imaxinario para "elaborar maquinarias de desestabilización ao redor deses lugares onde establecemos os nosos rexímenes escópicos (...)"1.

A obra de Salvador Cidrás está sometida a un proceso de constante experimentación -materiais, formas, representacións, construcións, estruturas e reflexións- e isto fixo que a súa carreira estea sempre pendente do espazo, o obxecto, a estética, o espectador e o seu mundo. As obras dos últimos anos xiran ao redor "(...) dunha estética do depénse (...) como "ferramenta de integración ao medio", unha modalidade específica dentro da influencia da oposición entre natureza e cultura. Este tiempo muerto  (...) ven a suxerir un espazo de "grado cero" virtual, non ideolóxico, fenomenoloxicamente integrado, que interioriza a exterioridade: unha escena confortable (non autocomplacente, senón liquidamente nihilista) dende onde se ve o mundo"2.

Entre 1990 e 2003 obtivo as seguintes bolsas: bolsa de creación artística, Asociación de Artistas Plásticos de Pontevedra (1990), bolsa de Novos Valores, XII Bienal de Arte de Pontevedra (1991), Premio Certamen Balconadas, Betanzos (1992), bolseiro de Talleres Künstler in Koln, Colonia (1993), bolsa Erasmus, Limerik School of Art, Limerick (1993), II Certamen José Malvar, Santiago de Compostela (1995), XII Certamen de Pintura do concello do Tambre, A Coruña (1995), bolsa Laxeiro de Creación Artística (1996), bolsa Marcelino Botín para Ampliación de Estudios Artísticos, Santander (1999), bolsa de Caja Madrid para Proyecto de Generación 2000 (2000), Accésit "XVII Edición Premio L'Oreal (2001) e bolsa de Creación Artística Unión Fenosa (2003).

A súa obra forma parte de importantes coleccións privadas e institucionais: CGAC (Santiago de Compostela), Universidade de Santiago de Compostela, Colección José Malvar, Concello de Cambre (A Coruña), Deputación Provincial da Coruña, Concello de Vigo, Ayuntamiento de Pamplona, Colección de arte Afundación (Vigo), Museo Unión Fenosa (A Coruña), Deputación de Pontevedra, Fundación Coca-Cola, Colección Caja Madrid, Fundación Marcelo Botín (Santander), Museo de Pontevedra e ABANCA Colección de arte (A Coruña). 


1 GUTIÉRREZ, X. L: "PADDING-OFF: De los cuerpos opacos". En http://www.artszin.net/cidras.html

Ibídem.

30 anos no 2000 (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1994.

ARCO / IFEMA - Feria de Madrid, Tabapress, S.A., Madrid, 1996.

 De Asorey ós 90, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1997.

Arte Emergente (catálogo), Nuevo Milenio, A Coruña, 2001.

CIDRÁS, S.: "Piense lo que quiera pensar", en Una película de piel (catálogo), Marisa Marimón, Ourense, 2000.

CIDRÁS, S.: "Naturaleza Filtrada / Naturaleza Doméstica", en ARCO'96: Basallo, Cidrás, Datas, Leiro, Marisa Marimón, Ourense, 1996.

Departamento Mr. Magoo, Marisa Marimón, Ourense, 1999.

Figuraciones Arte Civil + Magicismos + Espacios de Frontera (catálogo), Caja Madrid, Madrid, 2003.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

Galicia EsCultura, Vinte anos vinte escultores  (catálogo), Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol, 2002. 

Generación 2000 (catálogo), Caja Madrid, Madrid, 2001.

GONZÁLEZ-ALEGRE, A.: "As naturezas distanciadas de Salvador Cidrás", nol catálogo da Marisa Marimón, Ourense, 1996.

Hixiénicos (catálogo), Galería Sargadelos, Santiago de Compostela, 1995.

Itinerarios 1999/2000 (catálogo), Fundación Marcelino Botín, Santander, 2000.

Kiosk (catálogo), Espacio para a Arte, Pontevedra, 2000.

Latitudes I: Mónica Alonso + Salvador Cidrás (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2004.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998 (catálogo), Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

Mostra Unión Fenosa A Coruña (catálogo), Unión Fenosa, Madrid, 2001.

Novos camiñantes (catálogo), Xacobeo'99 Galicia, Xunta de Galicia, A Coruña, 1999.

Nueve tipos de encuesta (catálogo), CGAC, Santiago de Compostela, 2002.

Una película de piel VI (catálogo), Galería Marisa Marimón, Ourense, 2000.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

PENELAS, S.; CIDRÁS, S.: "Progresións", en Progresións (catálogo), Casa das Artes de Vigo, Vigo, 1998.

II Premio de pintura para Novos valores  José Malvar (catálogo), Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1996.

Una presencia por venir (catálogo), Marisa Marimón, Ourense, 1996.

Quiero ser como tú (catálogo), Marisa Marimón, Ourense, 2003.

Ver menos