Dalí, Salvador

  (Figueres (Girona)  1904 -  1989)
  Alias: Dalí
  Movimiento/Escuela: Surrealismo
  Web artista: http://www.salvador-dali.org/es_index/

Naceu en Figueres (Girona), o 11 de maio de 1904, no seo dunha familia burguesa catalá. En 1916 pasou unha temporada nos arrabaldes desta localidade, na finca "el Molino de la Torre", propiedade da familia Pitxot -familia de intelectuais e artistas- onde, a través da colección que posuía, un dos seus membros, o pintor Ramón Pitxot, descubriu o impresionismo, que tería influencia nos seus comenzos.

En 1919 participou por vez primeira nunha exposición colectiva celebrada na Sociedad de Conciertos de Figueres. Cun grupo de amigos do instituto, fundou a revista Studium, onde publicou os seus primeiros escritos: unha serie de artigos sobre figuras universais da pintura como Goya, El Greco, Durero ou Leonardo da Vinci.

En 1922 asistiu á Escuela de Pintura, Escultura y Grabado da Academia de San Fernando en Madrid.  Na Residencia de Estudantes, desa misma cidade coñeceu a Luis Buñuel e Federico García Lorca, cos que entablou unha estreita e fructífera amizade. Durante o curso académico 1923-1924, Dalí foi expulsado da escola da academia por declarar publicamente a incompetencia dos seus profesores e regresou a Figueres. Un ano máis tarde expuxo individualmente por primeira vez na Galería Dalmau de Barcelona.

En 1926 forzou a súa expulsión definitiva da escola especial. Foi entón cando realizou a súa primeira viaxe a París, onde coñeceu a Picasso. Un ano despois, Dalí colaboraba con diversas revistas especializadas como L'Amic de les Arts e deseñou os decorados e vestiarios da obra teatral Mariana Pineda de Federico García Lorca.

En 1928 participou na 27ª Exposición Internacional organizada polo Carnegie Institute de Pittsburg. Publicou xunto a Lluis Montanyà e Sebastíà Guasch el Manifest groc, un duro ataque á arte convencional.

En xaneiro de 1929 redactou xunto a Luis Buñuel Un Chien Andalou, un filme rodado en París en abril do mesmo ano. Na capital francesa, Miró púxoo en contacto co grupo de surrealistas encabezado por André Bretón. Coñeceu a Tristán Tzara, René Magritte, Hans Arp e Camil Goemans, que sería o seu marchante. Ese verán recibiu en Cadaqués a visita dun grupo de amigos de París entre os que se encontraban Paul Éluard e a súa esposa Gala que, abandonando ao seu marido, xa non se separaría de Dalí. 

En 1930 escribiu La Femme visible que incluía o texto L'Ane pourri onde explicaba o seu método paraniico-crítico: a construción de escenas oníricas a base da combinación de elementos reais perfectamente recoñecibles. "A paranoia utiliza o mundo exterior para pór de relevo a idea obsesiva, coa inquietante particularide de facer valer a realidade de dita idea ante os demais. A realidade do mundo exterior serve de ilustración e proba, e ponse ao servizo da realidade do noso espírito. A través dun proceso nitidamente paranoico foi posible obter unha dobre imaxe: é dicir, a representación dun obxecto que, sen a menor modificación figurativa ou anatómica, sexa á vez a representación doutro obxecto absolutamente diferente, despoxada á súa vez de todo tipo de deformación ou anormalidade que podería revelar unha avinza"1. Aparecen na súa obra unha serie de elementos que serán unha constante neste período: as paisaxes oníricas de Cadaqués, as muletas, a figura do león e os cabalos, as formas putrefactas e rebrandecidas que acompañan elementos escatolóxicos e de compoñente sexual e, sobre todo, o seu autorretrato formado por unha enorme lagosta rodeada de formigas. Alcanza a súa madurez como artista, abandona toda influencia anterior do Picasso clásico e de Giorgio de Chirico para crear un estilo propio enormemente persoal.

Ese mesmo ano, estreouse en París con gran escándalo L'Âge d'or, segundo filme realizado en colaboración con Buñuel. Por entón a carreira de Dalí parecía imparable, en 1932 participou nunha exposición colectiva surrealista na Galería Julin Levy en Nova York, aínda que por temor non viaxou ata Norteamérica, e ao ano seguinte presentou as súas obras surrealistas en Barcelona na Galería d'Art Catalonia. En 1934 realizou a súa primeira exposición individual en Londres, na Zwemmer Gallery, e finalmente rompeu con Bretón e os surrealistas. Ese ano tamén viaxou con Gala por primeira vez a Nova York para presentar unha exposición organizada pola Editorial Albert Skira onde se mostraban 42 augafortes e 30 debuxos realizados para Los cantos de Maldoror.

En 1936 participou na Exposición Internacional de surrealismo en Londres e na titulada "Arte Fantástica, dadá e surrealismo" no Museo de Arte Moderna de Nova York. Dalí comezara a facerse notar nos ambientes artísticos de Nova York, para o cal botara man, non só da súa obra pictórica, senón da súa capacidade de provocación e dunha coidada posta en escena. A revista Time dedícalle unha portada, cunha fotografía tomada por Man Ray. Ante o estalido da Guerra Civil Española Dalí decidiu instalarse en París. Alí viviu a invasión alemá (1940) trasladándose entón aos Estados Unidos onde residiu oito anos.

En 1941 estreou en Nova York, en colaboración con Léonide Massine, o ballet Laberinto. Neste mesmo ano presentouse no Museo de Arte Moderno de Nova York a súa primeira gran retrospectiva que itinerará durante os dous anos seguintes por outras cidades dos Estados Unidos. En 1942 publicou a súa autobiografía Vida secreta de Salvador Dalí,  que levantou unha enorme polémica -unida a un gran interese- polas súas escandalosas confesións. Esta obra estivo prohibida en España ata a democracia, editándose en 1981. Ata entón unicamente circularon polo país seis solicitadísimos exemplares procedentes de Sudamérica.

En 1945 realizou os decorados para o filme Recuerda de Alfred Hitchcock e ao ano seguinte empezou a traballar con Walt Disney nun proxecto inacabado chamado Destino.  En 1948 publicou  50 Secretos mágicos para pintar  e estreou en Roma Rosalinda o Come vi piace de William Shakespeare con vestiario e decorados deseñados polo artista e dirección de Luchino Visconti. Tras a colaboración italiana regresou a Port Lligat onde comezou a orientar a súa obra ata un novo clasicismo e a que denominaría como a súa etapa mística e nuclear, que iniciara co estalido da bomba atómica de Hiroshima e se caracterizaba pola disgregación de formas en partículas que mantiñan unha prudente distancia sen chegar a tocarse. "Se os físicos producen antimateria, está permitido que os pintores, xa especialistas en anxos, a pinten. Durante o período surrealista, desexei crear a iconografía do mundo interior, o mundo maravilloso, do meu pai Freud; logreino. Na actualidade, o mundo exterior -ou da física- trascendeu ao da psicoloxía. O meu pai hoxe é o doutor Heisenberg"2

Pouco despois decidiu regresar a Figueres, de forma definitiva.O recibimiento que tivo na España nacional catolicista foi frío e hostil, opuesto al tratamiento recibido en Norteamérica. A Dalí le costó acostumbrarse a no ser el centro de atención del país y aceptar que su regreso no era celebrado diariamente por los medios de comunicación. Non obstante, a nova tendencia católica da súa arte, entón máis sosegada e infinitamente menos provocador, contribuiu nunha paulatina e velada aceptación oficial.

En 1949 estreouse no Teatro Nacional María Guerrero de Madrid Don Juan Tenorio de José Zorrilla con vestiarios e escenarios de Salvador Dalí. En 1951 publicou o seu Manifiesto Místico, no que se declaraba católico sen o don da fe. Nesta década percatouse da demanda que hai de obras de temática relixiosa polo que comezou a pintar polo menos un gran cadro relixioso ao ano,  a cotío excelentemente pagado polo seu mecenas. Nesta época creou a Madonna de Portlligat ou o Cristo de San Juan de la Cruz. Tres anos máis tarde comezou a rodaxe de L'Aventure prodigieuse de la dentellière et du rhinocéros, animal cun corno que o obsesionaría durante un período.

Os últimos trinta anos da vida artística de Dalí foron de lenta decadencia, á vez que atendía menos encargos. Nos anos sesenta interesouse pola holografía e empezou a afondar na terceira dimensión. Cara 1961 empezouse a falar de transformar el Teatro Municipal de Figures, incendiado durante a Guerra Civil, para convertilo na Teatro-Museo Dalí. En 1963 publicou El mito trágico del Ángelus de Millet cun manuscrito que permaneceu extraviado durante vinte e dous anos. En 1964 e 1965-66 dedicáronlle dúas grandes retrospectivas: a primeira en Tokio e a segunda en Hungrinton Hartford's Gallery de Arte de Nova York. En 1964 publicou Diario de un genio, que empezara a escribir en 1952, e en 1969 Las metamorfosis eróticas.

En 1970 e tras dez anos de negociacións co concello de Figueres, anunciouse a creación do Teatro Museo Dalí. En 1973 inaugurouse o Salvador Dalí Museum de Cleveland, que en 1982 foi trasladado a San Petesburg (Florida), inaugurándose o 28 de setembro de 1974. Nel reúnese unha importante mostra da súa produción así como obras dalgúns dos seus pintores preferidos (El Greco, Meissonier, Bouguereau, Fuchs, Fortuny ou Pitxot). En 1975 presentou a primeira parte da súa película Impresiones de la Alta Mongolia-Homenaje a Raymond Roussel.

En 1978 foi nomeado membro asociado estranxeiro da Academia das Belas Artes do Institut de France, en 1979 exhibiuse unha grande antolóxica no Centre Georges Pompidou de París e en 1980 na Tate Gallery de Londres. O 10 de xuño de 1982 morreu Gala e Dalí trasladouse a vivir ao castelo de Púboll, nese ano noméase Marqués Dalí de Púbol.  En 1983 celebrouse unha exposición antolóxica "400 obras de Salvador Dalí de 1914-1985" en Madrid, Barcelona e Figueres. As súas últimas obras pictóricas datan deste período.

En 1984, a causa dun incendio no Castelo de Púbol, trasladou a súa residencia definitivamente á Torre Galatea, onde viviu ata a súa morte, o 23 de xaneiro de 1989.


1 DALÍ: fragmentos de "El burro podrido", en Le surréalisme au service de la Révolution, nº 1, xullo de 1930.

2 DALÍ: Manifiesto de la antimateria, publicado no catálogo da exposición na Castairs Gallery, Nova York, 6 de decembro de 1958. 

Arte y ciudad. Ámbito medieval, moderno y contemporáneo, Fundación Caixa Galicia, Coruña, 2000.

BRETON,A.: Dali est ici (catálogo), Galería Coemans, Paris, 1929.

BONET CORREA, A.: El surrealismo, Cátedra, Madrid, 1983.

CARMONA, E.: Picasso, Miró, Dalí y los orígenes del Arte Contemporáneo en España. 1930-1936, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid, 1998.

CALVO SERRALLER, F.: "Vanguardia y surrealismo en España", Cuadernos Hispanoamericanos, 1979

CALVO SERRALLER, F., ; GONZALEZ GARCÍA, A.: Surrealismo en España,Gal Multitud, Madrid, 1979.

CASSANYES, M. A.: L'espai en les pintures de Salvador Dalí, L'Amic de les Arts, nº13, 1927.   

DALÍ: fragmentos de "El burro podrido", en Le surréalisme au service de la Révolution, nº 1, julio de 1930.

DALÍManifiesto de la antimateria, publicado en el catálogo de la exposición en la Castairs Gallery, Nueva York, 6 de diciembre de 1958. 

DALÍ, S.: Nous limits de la pintura, en L'Amic de les Arts, 22-25, 1928.

DALÍ, S.: Posició moral del surrealisme, Elix, 10, 1930.

DALÍ, S.: Realidad y sobrerrealidaden La Gaceta Literaria, 44, 1928.

DALÍ, A. Mª.: Salvador Dalí visto por su hermana, Juventud,  Barcelona, 1953.

DALÍ, S.: San Sebastiá, en L'Amic de les Arts, 16, 1927.

DALÍ, S.:  Vida secreta de Salvador Dalí, Dasa Ediciones, Figueras, 1981.

DALÍ, S.: El mito trágido del Ángelus de Millet, Tusquets, Barcelona, 1989.

DALÍ, S.; MONTANYA, Ll.; GASH, S.: Manifest Antiartistic catalá, Imp. Fills de Sabater, Barcelona, 1928.

Os Dalís de Dalí, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2003. 

DESCHARNES, R.: Salvador Dalí: París, 1973.

DESCHARNES, R.: Dalí. La obra y el hombre, Tusquets, Barcelona, 1984, 1989.

De Picasso a Dalí. Las Raices de la vanguardia española (1907-1936), Sociedad Estatal Lisboa'98, Madrid, 1998.

GARCÍA DE CARPI, L.:  El surrealismo en España, Itsmo, Madrid, 1986.

FOIX, J. V.: Presentació de Salvador Dalí,  en  L'Amic de les Arts, 10, 1927.

FOIX, J. V.: Algunes consideracions sobre la literatura i l'art actuals, en L'Amics  de les Arts, 20, 1927. 

MAS PEINADO, R.: Universo Dalí. 30 recorridos por la vida y la obra de Salvador Dalí , Fundación Aventis, Ed. Lunwerg, 2003. 

Salvador Dalí. Rétrospective, 1920-1980, Pompidou, Paris 1979.  

SANTOS TARROELLA, R.Salvador Dalí corresponsal de J.V. Foix. 1932-1936, Mediterrania, Barcelona, 1986.

SANTOS TARROELLA, R.: La miel es más dulce que la sangre, Seix Barral, Barcelona, 1986.

SANTOS TARROELLA, R.:  Dalí residente, Residencia de Estudiantes, Madrid. 1992. 

Tiempos de modernidad. Momentos estelares de la Vanguardia Histórica Española, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2000.

Ver menos