Rivas, Silverio

  (Ponteareas  1941 - )
  Alias: Silverio Rivas

Silverio Rivas nace en Ponteareas (Pontevedra) en 1942. Fórmase inicialmente no taller de fundición de Xoan Piñeiro. A principios da década dos setenta trasládase a Madrid onde comeza a utilizar unha ampla variedade de materiais, dentro dunha vocación abstracta.

Entre 1976 e 1977 investiga sobre as posibilidades de ensamblaxe e articulacións da escultura cerámica no Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos . En 1979 inaugura o seu estudio en París que manterá ata 1986. Nos anos parisienses mantén un posicionamento construtivista aplicado ao bronce, mediante pezas articuladas nas que diferentes pátinas pulidas en distintos tons establecen ricas relacións entre interior e exterior da escultura. Estruturas expansivas que permiten múltiples visións e unha relación espacial de variedade enriquecedora.

Durante os anos 1980 a 1983 participa nas exposicións colectivas que o  grupo Atlántica  fai en Galicia, e en diversas galerías europeas.

En 1986 instálase definitivamente en Galicia interesándose pola pedra: mármores e especialmente o granito. O peso e a dureza do material non modifican a súa estética xeométrica e construtivista xa que se ben non aplicará ao novo material o recurso das anteriores articulacións si manterá a ensamblaxe de diferentes agrupacións de pedras creando conxuntos de gran beleza.

Dende finais da década dos oitenta e durante a dos anos noventa Silverio Rivas alcanza a súa madurez artística tendo un merecido espazo entre os mellores escultores galegos do século XX. Son importantes algunhas das intervencions en espazo públicos cono "La puerta del Atlántico", Vigo (1993), e "La puerta del sol", no contexto da Torre de Hércules de  A Coruña (1992).

GAMONEDA, Antonio: Silverio Rivas. La Coruña, Editorial Atlántico.

20 anos de arte en Pontevedra. Pontevedra, Deputación Provincial.

PABLOS, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixavigo.

RIVAS, Silverio; Oliveira, Carlos; Casa da Parra (Santiago de Compostela): Silverio Rivas, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, 1997.

RIVAS, Silverio; Caja de Madrid. Sala de Exposiciones (Pontevedra); Caja de Madrid; Seoane, Javier: Silverio Rivas, Caja de Madrid, 1997.

RIVAS, Silverio; Seoane, Javier: Silverio Rivas, Deputación de Pontevedra, 2002

Ver menos 

Obras do artista