Fandiño, Suso

  (Santiago de Compostela  1971 - )

Despois de licenciarse en Historia da Arte (especialidades en Historia da Arte Moderna e Contemporánea) pola Universidade de Santiago de Compostela, decidiu estudar Belas Artes na Universidade de Vigo, licenciándose coa especialidade de escultura. En 2002 leu a súa tese de doutoramento Del artista al generador de ocio: Reformulación de los tipos de comportamiento y de los modos de producción cultural. Modelos para un nuevo ámbito de acontecimiento, no Departamento de Escultura da Universidade de Vigo.

Participa activamente dentro do equipo de investigación da Fundación Luis Seoane e como coordinador e codirector dos proxectos de reformulación artística Altercado, Art Gallery en Pontevedra e Estéril en Oporto. Foi relator do seminario "Epílogos", organizado pola Fundación de Arte Contemporánea Coca-Cola España na Casa das Artes de Vigo, e actualmente imparte docencia como profesor numerario de artes plásticas e debuxo de ensino secundario.

 Durante os últimos anos realizou numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas, principalmente en Galicia e Portugal.

O Feito fotográfico. A Colección fotográfica do Concello de Vigo 1984-2000 (catálogo), Fundación MARCO, Vigo, 2004.

Indisciplinados. A posición da arte nas fronteiras do deseño (catálogo), Fundación MARCO, A Coruña, 2003.

II premio Auditorio de Galicia para xoves artistas 2002 (catálogo), Consorcio de Santiago, Pontevedra, 2002.

III premio Auditorio de Galicia para xoves artistas 2003 (catálogo), Consorcio de Santiago, Santiago de Compostela, 2003.

No principio era a viaxe. 28 Bienal de Arte de Pontevedra (catálogo), Deputación Provincial de Pontevedra, Vigo, 2004.

Ver menos