Carbajo, Tono

  (Vigo  1960 - )
  Web artista: http://www.tonocarbajo.net/

Realiza a súa  formación artística Deixou na escola Massana e na facultade de Belas Artes de San Jordi, en Barcelona. Aquí, foi onde descubriu a pintura e a obra de pintores como Broto, Miró, Klee ou Henry Moore. Posteriormente instalouse en Madrid e casou coa bailarina e coreógrafa de arte contemporánea Nati Aguiar, que influirá na súa produción artística.

A súa primeira exposición individual realizouna na sala viguesa "Novecento". Ao igual que outros artistas da súa época, tivo unha salida rápida ao mercado e co conseguinte enfrontamento a un medio complexo e pouco actuvo con respecto ós artistas máis xóvenes.

Os seus primeiros traballos desenvólvense na órbita do "post-pop". Utiliza a pintura fluorescente, de cores ácidas que potencian a expresividade. Esta etapa coincide coa súa estanza en Barcelona, onde se impregna da luz mediterránea. Ao recalar en Madrid, no ano 1983, realiza un curso, no Círculo de Bellas Artes de Madrid, con Luis Gordillo. A partir deste momento a súa pintura experimenta un cambio, trócase máis escura, o compoñente matérico adquire maior relevancia e o fondo branco reivindica o seu lugar dentro da composición. Ao mesmo tempo, o contacto co traballo de Nati Aguiar supuxo o descubrimento de novas formas expresivas. Xuntos realizan espectáculos multimedia e el profundiza no deseño de escenografías para espectáculos.

No ano 1984-85 prodúcese a serie Los cabezones. O artista recoñece a impresión que lle causou a obra de Tom Wesselman: "encantábame ver cómo enfocaba ao personaxe, facéndoo ocupar case todo o plano". Agora a figura defórmase para expresar estados de ánimo e sensacións. Cambia o enfoque visual e bota man dun primitivismo formal e grandes doses de sarcasmo.

A partir do ano 1986 afonda na idea de espazo como materia expresiva principal e céntrase no acto físico de pintar en detrimento da natureza dos materiais. Exercita unha pintura rápida, de acción, cun alto grado de implicación física, na que inclúe, con regularidade, signos de tipo xeométrico e abstracto. No ano 1987, crea a serie Art explorer, conxunto de collages de elementos que encontra na natureza. As composicións non responden a unha concepción intelectual previa; engade obxectos e contaxia coa idea de instalación estas obras pictóricas de dimensións reducidas, que inician unha das vías de traballo que terán continuidade nos anos 90.

Despois da súa estadía en Nova York, investigacións de tipo físico, biolóxico ou botánico conviven con aspectos fragmentarios de ambientes urbanos e tecnolóxicos. Nestes anos a implicación física coa súa produción vai en aumento. Na súa seguinte serie Ofelia,  inspirada en Baudelaire recoñece que é a primeira vez que sofre pintando. Identifica o corpo do artista como medium entre o espírito, a enerxía e o espectador. Carbajo sente a necesidade, cada vez máis acentuada, de unión coa materia. Por exemplo, quentaba a pintura que ía utilizar facéndoa coincidir coa súa temperatura corporal. A súa obra supón unha mestura de expresionismo abstracto e action painting

Nas súas últimas series teñen cabida as fotocopias, fotografías e  imaxes por ordenador. Asume como parte do seu discurso a realidade fragmentada do ordenador, con diferentes fiestras que amosan instantaneamente informacións que non teñen relación entre si. "O arqueólogo e o antropólogo fusiónanse na mirada do pintor que para reconstruír a súa propia peripecia vital necesita indagar excavando no tempo e no espazo, na proliferación incesante de signos"1. Parafraseando a Antón Patiño, Tono Carbajo é testemuña dun mundo postindustrial onde para sobrevivir son precisas estratexias de reciclaxe e recomposición. Actualmente vive e traballa en Barcelona.

A súa obra forma parte da Pinacoteca de Ceuta, Murales do Concello da Silva (Cerceda, A Coruña), Mural do Concello de Cabana (A Coruña), Colegio Oficial de Aparejadores (A Rioxa), Confederación hidrográfica del Guadiana (Badaxoz), Fundación Cultural Mapfre Vida (Madrid), Institución de Cooperación Iberoamericano (Madrid), Colección Unión Fenosa (A Coruña), School of visual arts (Nova York), Colección Caixa Vigo (Vigo), Colexio oficial de arquitectos de Galicia (Vigo), Centro Galego de Arte Contemporáneo (Santiago de Compostela), Colección Editorial Hércules (A Coruña), Museo del grabado español contemporáneo (Marbella), etcétera. 


1 SEOANE, X.: Identidad y convulsión. Ediciós do Castro: Sada, 1990.

"La abstracción en Galicia", monográfico de A Trabe de Ouro, tomo III, Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 1993. 

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del Arte Español del siglo XX, vol. 1, Mondadori, Madrid, 1991.

CASTRO, A.: Expresión Atlántica. Arte Galega dos 80, Editorial Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

CASTRO, A.: Tono Carbajo. Entre a decostrucción e a hetereodoxia dunha atmósfera expresionista, ARCO'85, Madrid, 1985. 

Colección de Arte Caixa Galicia: en la Casa das Artes de Vigo (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1997.

Colección de Arte Caixa Galicia: novas adquisicións 96-98 (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1998.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

CORREDOIRA, P.: A toda tela, Consellería de educación e Cultura, Santiago de Compostela, 1985.

CORREDOIRA, P.: 1990, Consellería de Cultura e Benestar, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1986.

Enciclopedia Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

EXPO'92 (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1992.

Fases, Ediciones Teatro Pradillo, Madrid, 1992.

FERNÁN VELLO, M. A.: Pintura Alfándega- Poesía (catálogo), Vigo, 1987.

FERNÁNDEZ CID, M.: Ofelia (catálogo), Galería Víctor Martín, Madrid, 1989.

FERNÁNDEZ CID, M.: Tono Carbajo (catálogo), Galería Víctor Martín, Madrid, 1998.

Galicia hoxe, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1997.

GARCÍA A.: Onte e hoxe do século XX, Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 1985.

GÓMEZ ALLER, J.: Galería Novecento (catálogo), Vigo, 1983.

Gran Enciclopedia Galega, Tomo 31, Silverio Cañada, Santiago de Compostela, 1974-2000.

LANGER, R.: s/t. En Frankfurter Rundschau/ Kulturspiege, 26 de xullo de 1993.

LORENTE, J.: Espíritu y Materia (catálogo), Galería Víctor Martín, Madrid, 1990.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.
Nordesía. Once artistas de Galicia, (catálogo). Xunta de Galicia: Santiago de Compostela, 1995.

NOROESTE cero. Muestra de once pintores gallegos (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1985.

OLIVARES, R.: s/t, en Lápiz, núm. 111, abril, 1995.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigra Trea, Vigo, 2003.

PENA, C.: "La vida del arte como proceso de purificación", en El Independiente,  abril, 1988.

PICAZO, G.: Para una re-definición del arte Postal, Bienal de Arte de Pontevedra, Pontevedra, 1983.

Pintores e Escultores Galegos na EXPO'92 (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1992.

PUIGDEVAL, F.: Galería Novecento (catálogo), Vigo, 1983.

SEOANE, X.: Identidade e convulsión, Edicións do Castro, Santiago de Compostela, 1990.

Tono Carbajo (catálogo), Becas de creación artística en el extranjero Unión Fenosa, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 1996.

Tono Carbajo: integraciones (catálogo), Ediciones Atlántica nº19, A Coruña, 2000.

VALENZUELA, R.: Gaia (catálogo), Galería Víctor Marín, Madrid, 1992.

PUBLICACIÓNS PROPIAS:

Galicia en Madrid (ilustracións), Banco Pastor, Madrid, xuño, 1985.

Luces de Galicia (ilustracións), Santiago de Compostela, xuño, 1986.

No (ilustraciones), Santiago de Compostela, xullo, 1986.

Ver menos 

Obras do artista