Lugrís, Urbano

  (A Coruña  1908 -  1973)

 Os antecedentes familiares de Urbano Lugrís fan que estea relacionado co mundo artístico e cultural dende a súa infancia. O seu pai, Manuel Lugrís, participou activamente na escena político-cultural de Galicia: fundou un xornal escrito integramente en galego na Habana, foi membro fundador da Academia Galega, formou parte do consello de redacción de A Nosa Terra, e faleceu en 1940 sendo presidente da Real Academia Galega. A súa nai, Purificación González Varela, pianista, puxo ao seu fillo o mesmo nome que o seu irmán, Urbano González, un dos primeiros ilustradores de La Voz de Galicia  e pintor de corte romántico, de quen Lugrís tomará a rixidez debuxística.

 Ao mesmo tempo que realizou os seus primeiros pasos no mundo da arte, comezou os estudos de Perito Mercantil na Coruña, abandonándoos para trasladarse, en 1930, a Madrid, onde se mestura co ambiente da bohemia vangardista. Con Rafael Dieste integrouse nas Misiones Pedagógicas,  coas que percorreu diversas cidades españolas deseñando figuríns e decorados para o teatro La Barraca. Nesta época coñeceu a Lorca e Alberti.

Cando estalou a Guerra Civil, Urbano Lugrís fíxose voluntario no exército, marchando á fronte de Asturias. Casou con Paula Vadillo, con quen tivo dous fillos: Urbano, que tamén sería pintor e Paula.

En 1954 fundou na Coruña a revista Atlántida, cos amigos Mariano Tudela e José Mª de Labra, na que participou activamente, realizando artigos e poesías, ademais de numerosas ilustracións e o deseño da cabeceira de portada, que foi en todas as publicacións o mesmo, aínda que cambiando a cor. Simultaneou este labor na revista coruñesa, cunha axitada labor artística, realizando exposicións e murais por encargo, algúns dos cales aínda se poden ver en locais da cidade.Trasladouse a Vigo en 1965, catro anos despois da morte da súa esposa, feito que o sumiu nunha depresión que fará que se refuxie nos bares da cidade. 

Morreu en 1973, a véspera de Noiteboa, en Vigo.

Lugrís foi un pintor case autodidacta, bohemio e anárquico, poeta, ilustrador e muralista. A súa obra pictórica reflicte unha predilección polos temas mariñeiros, e nela transcribe un detallado mundo onírico, idealizado e soñador. Os seus cadros, case sempre pintados sobre táboa en pequenos e medianos formatos, reflicten un poeta recreador de mitos e lendas, de aventuras de barcos desaparecidos baixo as augas, e narracións fantásticas en formato bidimensional ao xeito dun Stevenson ou un Conrad.

    Estivo influenciado polo seu padriño, o escritor Francisco Tettamancy e Gastón, gran amigo do seu pai. Este contáballe unha grande cantidade de lendas célticas e contaxioulle a fascinación polo mundo onírico. Tomou, á súa vez, conceptos da pintura metafísica italiana, sobre todo de Carrá e Chirico, e do surrealismo francés, da pintura de Tanguy e Magritte. Algúns autores quixeron relacionalo con Dalí, baseándose no uso do azul coma cor principal nos seus cadros, pero este detalle non o toma do catalán, senón de Platinir.

    No referido á literatura, están presentes na súa obra pictórica autores como Manuel Antonio, Luz Pozo Garza, Valle-Inclán e, sobre todo, Julio Verne, escritores relacionados co mundo mariño. Nos seus artigos e poesías, Lugrís utiliza o alcume literario de Ulyses Fingal, unha fusión da herdanza grecolatina e o mundo das sagas nórdicas de raíz céltica.

Actas do Congreso sobre Urbano Lugrís, A Coruña, 8-9 novembro 2002. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2003.

"Antológica del pintor gallego Urbano Lugrís, en el Auditorio de Santiago ", en Faro de Vigo, 14 de decembro de 1997.

Artistas Galegos: pintores (posguerra I, figuración). Urbano Lugrís, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

BERLIN, D.: "Lugrís, Robinson en la Atlántida", en Arte y Parte, nº 46, agosto/setembro, 2003.

BONET, J.M.: Diccionario de las vanguardias en España : 1907-1936, Alianza Editorial, Madrid, 1995.

BUGALLAL, I.: "Madrid acoge desde ayer una muestra antológica de Lugrís ", en La Voz de Galicia, 12 de setembro de 1997.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del arte español del siglo XX, Mondadori España, Madrid, 1991.

CASTAÑO, A.: "Urbano Lugrís, compañero de viaje ", en ABC, 12 de setembro de 1997.

CHARRIS, A.M.: "Mar Lugrís", en Arte y Parte, nº 46, agosto/setembro, 2003.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993) (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

A creación do necesario. Aproximacións ó deseño do século XX en Galicia (catálogo), Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO, A Coruña, 2004.

ESCRIBANO, M.: "Urbano Lugrís, un pintor sumergido ", en El País, 20 de setembro de 1997.

Galicia Arte. Arte Contemporáneo I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GASCÓN, C.: "Urbano Lugrís acerca el mar a Madrid ", en Diario Ya, 12 de setembro de 1997.

GONZÁLEZ GARCÉS, M.: "Pintura y poesía en Urbano Lugrís", en Suplemento de La Voz de Galicia, novembro, 1981.

GONZÁLEZ GARCÉS, M.: "Lugrís", en Gran Enciclopedia Gallega, Vol. XIX, Silverio Cañada Editor, Xixón.

GURMÉNDEZ, C.: "El Surrealismo de Lugrís: una antológica del pintor gallego se presenta en Vigo y Madrid", en El País, 30 de setembro de 1989.

IGLESIAS, A.: "El Auditorio propone un acercamiento a la obra del coruñés Urbano Lugrís", en El Correo Gallego, 13 de decembro de 1997.

IGLESIAS, A,: "El Auditorio invita a viajar por el mundo surrealista y onírico de Urbano Lugrís", en El  Correo Gallego, 14 de decembro de 1997.

IGLESIAS MARTELO, V: "Viaje alrededor del mundo del pintor Urbano Lugrís", en El Correo Gallego, 14 de xaneiro de 1998.

"Inaugurada en el Auditorio de Santiago la más importante antológica sobre Lugrís ", en El Correo Gallego, 14 de decembro de 1997.

"Inaugurada en el Círculo de Bellas Artes de Madrid la antológica de Urbano Lugrís", en El Ideal Gallego, 12 de setembro de 1997.

"La Melancolía de Urbano Lugrís", en Tribuna de Actualidad, 6 de outubro de 1997.

LEAL, J.: "Popularizar la obra de un artista singular ", en El Ideal Gallego, 14 de decembro de 1997.

LONGUEIRA, S.: "Ironía e inocencia", en La Voz de Galicia, 3 de febreiro de 1998.

Lugrís, exposición monográfica (catálogo), Colección de Grandes Artistas Gallegos, 1, Caja de Ahorros Municipal, Vigo, 1984.

A mares : o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MALLO, A.: "Lugrís, único", en O Correo Galego, 5 de outubro de 1997.

MALVAR, A.C. : "El onirismo celta de urbano Lugrís en el Auditorio ", en El Mundo, Edición Galicia, 14 de decembro de 1997.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

MON, F.: Pintura Contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1987.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

PABLOS, F.: Plástica gallega, Fundación Caixa Vigo, Vigo, 1981.

PABLOS, F.: Colección de arte Adriano Marqués de Magallanes (catálogo), Concello de Vigo, Pontevedra, 1992.

PATIÑO, A.: "Ulyses Fingal", en Microfisuras, cadernos de pensamento e creación, nº 3, decembro, 1997.

PENELAS, S.: "A odisea de un mascarón de proa", en Tempos, xaneiro, 1998.

Pintura Galega: artistas nacidos entre 1900-1910, Fundación Camilo José Cela, Aluminios Cortizo, Padrón, 1995.

POUSA, L.: "El Círculo de Bellas Artes recuerda con una exposición al pintor Urbano Lugrís ", en El Ideal Gallego, 9 de setembro de 1997.

POZO GARZA, L.: "Lembranza de Urbano Lugrís", en La Voz de Galicia, 7 de xaneiro de 1997.

ROZAS, M.: "Urbano Lugrís, cronista visionario ", en El Correo Gallego, 20 de decembro de 1997.

SAMANIEGO, F.: "El realismo mágico de Urbano Lugrís, en una completa antológica ", en El País, 13 de setembro de 1997.

SOBRINO, M.L.: "La Edad Contemporánea",en Historia del Arte Gallego, Editorial Alhambra, Madrid, 1982.

Surrealistas gallegos. E. Granell, U. Lugrís, M. Mallo (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1993.

TUDELA, M.: "Tarjeta de visita ", en Vida Gallega, xullo, 1956.

Urbano Lugrís (catálogo), Xunta de Galicia, A Coruña, 1989.

"Urbano Lugrís", en Arte y Parte, nº 10, agosto-setembro, 1997.

"Urbano Lugrís, el mar y sus leyendas ", en El Punto de las Artes, 12 de setembro de 1997.

"Urbano Lugrís le contestó a Franco: yo nací en el Ferrol de su excelencia", en El Ideal Gallego, 14 de setembro de 1997.

Urbano Lugrís nos fondos da Colección Caixa Galicia (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2003.

Urbano Lugrís. Viaxe ó redor do meu mundo (catálogo), Auditorio de Galicia, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1997.

Urbano Lugrís. Viaje alrededor de mi mundo (catálogo), Círculo de Bellas Artes, Fundación Caixa Galicia, Madrid, 1997.

Ver menos