Lam, Wifredo

  (Sagua la Gande, Cuba  1902 - París  1982)
  Alias: Lam, Wifredo

Wifredo Lam iniciou os seus estudos artísticos en 1918 na academia San Alejandro de la Habana, ampliándoos a partir de 1924 no obradoiro de Fernando Álvarez Sotomayor en Madrid. Durante a súa etapa española a súa obra moveuse dentro do academicismo e hai que esperar á década dos 30 para que aparecesen os primeiros indicios de vangarda. Tras o alzamento de Franco colaborou co bando republicano, ata que, debido a unha enfermidade, foi internado nun hospital onde coñeceu ao escultor Manolo Hugué, quen lle deu unha carta de presentación para Picasso.

En 1938 marchou a París e estableceu amizade co pintor malagueño, que lle axudou a instalarse e lle ofreceu os seus contactos e o introduciu no mundo artístico local, coñecendo ao seu marchante Pierre Loeb, aos pintores Braque e Leger, e aos compoñentes do grupo surrealista. Con estes últimos refuxiouse tras a invasión alemá en Marsella e con eles exiliouse a Nova York, onde expuxo con regularidade na Galería Pierre Matisse. Pasou pola Martinica con André Breton, e tivo acceso aos santuarios da relixión vodú, feito que repercutiu de maneira significativa na súa obra.

Unha vez rematada a guerra dividiu a súa vida entre París, onde se encontraban os seus amigos, Nova York, lugar no que expoñía con gran éxito e A Habana, onde buscaba as súas raíces e onde viviu ata o golpe de Batista de 1952. Nese momento estaba considerado coma un dos artistas máis importantes, apreciado pola crítica e os artistas, participando en moitas exposicións colectivas dedicadas ao surrealismo e en moitas mostras antolóxicas nos museos máis importantes do mundo. Faleceu en París en 1982.

Ver menos