Correa Corredoira, Xavier

  (A Coruña  1952 - )
  Movimiento/Escuela: A Carón, La Galga, GrupOrzán, Atlántica

Iniciouse no mundo da arte de forma autodidacta, xa que abandonou axiña os seus estudos de Belas Artes e Arquitectura. Herda certos apuntamentos técnicos do seu tío, o tamén pintor Antonio Corredoira. A súa primeira vocación foi a literaria, pero en 1975 decidiu decantarse pola pintura e ese mesmo ano foi bolsado polo centro de estudos cerámicos en Sargadelos, onde comezou a traballar con materiais refractarios. 

Participou nos grupos A Carón e La Galga, dous colectivos de vangarda galega que precederon a Atlántica, grazas o que se dá a coñecer no panorama nacional. Nesta época decántase pola pintura espacialista, influído polo expresionismo abstracto americano. 

En 1978 viaxou a México quedando impresionado pola súa mitoloxía e os rituais das culturas precolombinas. O sacrificio foi unha das súas fontes temáticas durante este período, conxugado nunha estética claramente expresionista onde presta especial atención ás texturas, pero sen abandonar as preocupacións compositivas do período anterior. Misterio, exaltación e angustia son as claves da súa pintura na que, a partir do primitivismo, recrea unha imaxe mítica da muller, e onde a dinámica do subconsciente e o azar teñen un papel fundamental. Neste sentido é importante o emprego de materiais encontrados como soporte1.

Entre 1980 e 1983 expuso xunto aos integrantes do colectivo Atlántica. Durante este período, a súa pintura evolucionou cara formas máis simples, combinando o natural e o étnico mediante tonalidades terrosas. Cara o fin da década experimentou coa serigrafía, litografía e acuarela, e reviviu o seu interese pola literatura, ao reconsiderar a relación entre ésta e a arte. 

Entre os anos 1984-1986 creou xunto a Pedro Muiño e Pepe Galán,  o colectivo GrupOrzán, considerada unha alternativa ao mercado de difusión institucional e concibido como modelo de autoxestión, como marchante dos artistas asociados áo mesmo.

A súa escultura, disciplina na que se introduce paulatinamente, sitúaa preferentemente en espazos urbanos, como o contorno da Torre de Hércules e paseos marítimos da Coruña e arredores.


1Enciclopedia del arte español del siglo XX, Mondadori, Madrid, 1991.

Artistas galegos: pintores (neoexpresionismo-abstracción). Correa Corredoira, Nova Galicia Edicións,  Vigo, 2002.

Atlántica 1983
(catálogo), Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 1983.

Atlántica, 1980-1986 (catálogo), Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Vigo, 2002.

BASELLS, D.: Punto Cero: volvamos a empezar. Contactos, Concello da Coruña, A Coruña, 1987.

VII Bienal de Arte de Pontevedra (catálogo), Pontevedra, 1983.

BONET CORREA, A.: Atlántica (catálogo), Atlántica, Santiago de Compostela, 1983

BONITO OLIVA, A.: A arte, a linguaxe: diferencias e relacións: imaxes dos 80 desde Galicia, Consellería de Educación e Cultura, Santiago de Compostela, 1984.

CANOSA, I.: Galicia: Panorama del Arte Moderno, I Semana de Galicia en Madrid, Madrid, 1982.

CARUNCHO, L.: "Visión Celta", en Centro Cultural Conde Duque, Madrid, 1986.

CASTRO, A.: Expresión Atlántica: Arte galega dos 80, Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

Contactos (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1987.

CORREA CORREDOIRA, J ; REY, C.: Ara Solis en Fisterra: edición de serigrafías (serie numerada de 100 carpetas), A Coruña, 1991.

CORREA CORREDOIRA, J.: Correa Corredoira: o muro (catálogo), Galería Pardo Bazán, A Coruña, 1995.

Correa Corredoira: Os días debuxados (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1994.

Correa Corredoira, (catálogo), Ayuntamiento de A Coruña, A Coruña, 1999.

CORREDOIRA, P.: 1990, Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1986.

CORREDOIRA, P.: "ZYX", en Correa Corredoira, Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

CORREDOIRA, P.: A toda tela, Consellería de Educación e Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1985.

Os días debuxados (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1994.

Galicia Arte. Arte Contemporánea (I), Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÍA, A.: Onte e hoxe do século XX, Bienal Nacional de Arte, Pontevedra, 1985.´

GÓMEZ ALLER, J.: Cinco pintores de Galicia, Fundación Bartolomé March, Palma de Mallorca, 1984.

El jardín de Hércules. Catorce esculturas bajo la luz del faro (catálogo), Obrascón, A Coruña, 1995.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003

PLAZA MOLINA, G.: Arte en Galicia: La década del "boom" (1970-1980), Edicións do Castro, Sada, 1981.

SEOANE, X.: Mundos, Consellería de Cultura e Deportes, Santiago de Compostela, 1989.

SEOANE, X.: "Acerca de la verdadera vida: Atlántica", Atlántica, Centro Cultural Villa de Madrid, Madrid, 1981.

SOBRINO, M.L.: "Tempos de Pintura: os derradeiros cincoenta anos", en Tempos de Pintura, Consellería de Educación e Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1985.

Xoán Anleo, Berta A. Cáccamo, Jóse M. Calzada [et. al.] (catálogo), Oceáno Atlántico, Pontevedra, 1990.

Ver menos 

Obras do artista