Carballido, Xesús

  (O Carballiño (Ourense)  1954 - )
  Movimiento/Escuela: Dadá, Surrealismo

Nace no ano 1954 no Carballiño (Ourense). Este artista autodidacta traballa dende os anos oitenta en distintos campos, entre eles a música, o teatro ou a plástica. A este último dedícase de cheo dende o ano 1992, intre no cal ofrece a súa primeira mostra individual na Casa da Cultura de Noia, na Coruña. Durante todos estes anos expón en diversas cidades galegas, en Madrid e mesmo en Cuba, e participa asemade en diferentes certames. Destacamos a mostra que organiza a Galería Metta de Madrid, onde expón varias pezas con artistas do nivel de Miquel Navarro, Saura, Chillida ou Tápies.

A súa obra forma parte de importantes coleccións coma a do Museo de Unión Fenosa de Arte Contemporáneo, da Fundación Eugenio Granell, Fundación Rodríguez Iglesias, Deputación da Coruña, etcétera. O seu estilo identifícase coa tendencia plástica da recompilación, do artista como etnógrafo cunha opción escultórica de pouca tradición no ámbito galego, mais cunha forte presenza de tendencias promovidas por determinadas escolas de Francia e América. Así, as vertentes Dadá e as buscas surrealistas son as que exercen maior influencia na creación dunha linguaxe profundamente persoal.

Catálogo Fundación Eugenio Granell
coord: García Iglesias, José Manuel
1ª Edición: Santiago de Compostela, 08/1997 

IV bienal de Lalín. Pintor Laxeiro
1ª Edición: Santiago de Compostela. Xunta de Galicia, 05/1999 

V Bienal de Lalín. Pintor Laxeiro
Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo
1ª Edición: Santiago de Compostela. Xunta de Galicia, 2003 

Seica en Ou
Centro Cultural Deputación Ourense
1ª Edición: Ourense. Deputación Provincial de Ourense, 09/2004 

Recortables
Galería Metta (Madrid)
Editorial: Galería Metta D. L. 2000 

Catálogo LVII exposición nacional de artes plásticas. Valdepeñas, 1996. 

Catálogo III Mostra de Unión Fenosa, A Coruña, 1993. 

Catálogo IV Mostra Unión Fenosa, A Coruña, 1995. 

Catálogo VI Mostra Unión Fenosa, A Coruña, 1999. 

Santiago Apóstolo dende a memoria
Camiña, Rosa , tr.
S. A. de Xestión do Plan Xacobeo
1ª edición: Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Xacobeo 2004. 09/2004

Ver menos