Rodríguez Corredoyra, Xesús

  (Lugo  1889 - Santiago de Compostela  1939)
  Alias: Corredoyra, Xesús

Destacou moi pronto pola súa extraordinaria facilidade para o debuxo e a pintura, obtendo unha bolsa da Deputación de Lugo en 1903, para estudar na Escuela de Bellas Artes de Madrid. Nesta cidade entrou en contacto cos obradoiros de Cecilio Plá e Sorolla, participando posteriormente nas Exposiciones Nacionales de Bellas Artes de 1908 e 1910. 

Foi impulsado por un forte arrebato relixioso na época que comprende entre 1910 - 1916. Nestes anos comezou a traballar sobre grandes lenzos, poboados de figuras humanas que miran directamente ao espectador.

En 1915, casou con Mercedes Bahaamonde, instalouse na Coruña e posteriormente en Santiago de Compostela, onde se convertiu no pintor por excelencia do clero e a burguesía. En 1917 obtivo a 2ª Medalla Nacional de Bellas Artes co cadro Schola Cantorum Compostelae. En 1919, foi premiado pola obra presentada na exposición hispano-francesa "Pintura española moderna", en Zaragoza.

Entre 1922 e 1928 viaxou por América, realizando numerosos retratos e expoñendo en Montevideo, Santiago de Chile, Bos Aires, Cuba, Washington e Nova Iork. Regresou a Galicia en 1929 enfermo de gota. A pesar do seu deteriorado estado de saúde seguiu pintando, aínda que con menor intensidade, ata a súa morte en 1939.

O triunfo da República, fixo que se afastara cada vez máis da vida social. Entre 1934 e 1935 preparou dúas exposicións para Madrid e París pero, debido ao comezo da Guerra Civil, non chegaron a celebrarse e os seus cadros "pérdense" camiño de París, en xullo de 1936.

Xesús Corredoyra outorgoulle á súa obra un carácter espiritualizante e simbólico ata entón descoñecido para a pintura galega, polo que os seus coetáneos o consideraron o iniciador da denominada "escola galega". Rexeitou o costumbrismo para destacar nos seus cadros os compoñentes anímicos da fisonomía dos personaxes, espiritualizando as súas formas ―incluso deformándoas― rodeándoos dun aire de soño e tristeza, de parcas vestimentas e escuros escenarios.

Foi un prolífico retratista que dotou aos personaxes das súas obras dunha elegancia estilizada e lineal, dun cromatismo profundamente marcado por tonos negros, e do carácter espiritual que envolve toda a súa figuración.

A arte Galega: Estado da cuestión, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 1990.

Artistas galegos: pintores (Rexionalismo I). Xesús Corredoyra, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

CASTRO, X.A.: Arte y Nacionalismo: La vanguardia histórica gallega (1925-1936), Edicións do castro, Sada, 1992.

CASTELO, T.: "Exposición Antológica de Jesús Corredoyra", en La Voz de Galicia, 23 de agosto de 1978.

CHAMOSO LAMAS, M.: Arte en Galicia, Fundación Juan March, Madrid, 1976.

CORREDOIRA, P.: "Xesús Corredoyra, un pintor apasionado por el mundo valleinclanesco ", en La Voz de Galicia, 16 de xaneiro de 1982.

COSME: "Corredoyra", en La Voz de Galicia, 28 de novembro de 1982.

COSTA CLAVELL, X.: "Jesús Corredoyra, un pintor gallego al margen del tiempo vivo ", en La Voz de Galicia, 23 de agosto de 1978.

COUSELO BOUZAS, J.: La Pintura Gallega , Porto, Santiago de Compostela, 1950.

ESTÉVEZ ORTEGA, E.: Arte Gallego, Lux, Barcelona, 1930.

FERNÁNDEZ MÉNDEZ, J.: "Corredoyra, enaltecedor de la pintura gallega ", en Hoja del Lunes, 4 de abril de  1978.

FOLE, A.: "Xesús Corredoira", en El Pueblo Gallego, maio, 1933.

FOLE, A.: "Recuerdo de Jesús Corredoira", en La Noche (Pregón das Artes), Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1949.

FOLE, A.: "El pintor Corredoira", en El Progreso, 10 de abril de 1978.

Galicia Eterna, Vol. 5, Nauta, Barcelona, 1981.

GIL VARELA, A.: "Xesús Corredoira, o pintor arrebatado", en Ronsel, núm. 4, 1924.

GIL VARELA, A.: "Corredoira de novo", en Ronsel, núm. extraordinario conmemorativo do cincuentenario, xaneiro, 1975.

GONZÁLEZ GARCÉS, M.: "La exposición de Jesús Corredoira", en La Voz de Galicia, 3 de novembro de 1978.

Historia del Arte Galego, Alhambra, Madrid, 1982.

LAFUENTE FERRARI, E.: "Conferencia sobre Xesús Corredoira", Círculo das Artes, Lugo, 1947.

LAGORIO, A.: "Xesús Corredoira de Castro en La Argentina", en Finisterre, núm. 31, outubro, 1946.

LANZA ÁLVAREZ, F.:Dos mil nombres gallegos , Ed. Galicia, Bos Aires, 1953.

LLORÉNS, E.: Valle Inclán y la plástica, Ínsula, Madrid, 1975.

JOHAN, A.: "Notas encol dos pintores galegos", en Grial, núm. 2, 1951.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MON, F.: La pintura actual en Galicia, Caixa Galicia, Vigo, 1967.

Museo Provincial de Bellas Artes de La Coruña (catálogo), A Coruña, 1957.

PABLOS, F.: Pintores Gallegos del Novecientos, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña, 1981.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003

PANCORBO, B.: Historia y Crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes celebradas en España, Alcor, Madrid, 1980.

PENA, C.: "El Arte", en Los Gallegos, Itsmo, Madrid, 1976.

Pintura del Excmo. Concello da Coruña (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1985.

Pintura de la Excma. Deputación de Coruña (catálogo), Deputación da Coruña, A Coruña, 1992.

RIVAS BARROS, M.: "Xesús Corredoira, ¿un pintor maldito?", en La Voz de Galicia.

SANTA MARÍA VILLAVERDE, I.: Vida y obra del pintor Xesús Corredoyra: Memoria de Licenciatura na Facultade de Filosofía e Letras, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1973.

VILANOVA RODRÍGUEZ, A.: Los gallegos en Argentina, Ed. Galicia do Centro Galego, Bos Aires, 1966.

TENREIRO, R. M.: "Xesús Corredoira en la exposición de arte gallego ", en El Noroeste, 10 de agosto de 1912.

Xesús Corredoira: exposición antológica (catálogo), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1978.

Ver menos 

Obras do artista