Vázquez, Xesús

  (Ourense  1946 - )

Artista de formación autodidacta, desenvolveu unha intensa actividade expositiva dende 1968, ano da súa primeira mostra individual, dentro da chamada "Pintura - Pintura" no Museo Arqueolóxico de Ourense. 

A finais dos anos sesenta, tras unha etapa de referencias a Galicia, orientouse cara ao expresionismo abstracto, de gran liberdade e en ocasións automático. Participou en Arco en 1980 da man de Juana de Aizpuru. 

Poeta e pintor, durante 1983-1984 foi membro do comité de redacción da revista Comercial de la Pintura. En 1984 a súa obra dá un xiro cara a unha pintura na que conviven abstracción e naturalismo, recorrendo frecuentemente á metáfora, con temas de paisaxe, motivos mitolóxicos e recollendo a imaxinaría pop. Realiza series acerca de temas como o estudo como refuxio, a viaxe como idea romántica, a mitoloxía clásica, Xapón e a súa cultura e a fascinación polo mundo moderno.

En 1985 realizou dúas exposicións individuais moi importantes, unha na galería Buades e outra en Siboney. Nestas exposicións o seu método de traballo está conformado como algo rematado e pechado.Entre 1989-1991 realizou a serie de batallas, reunidas baixo o título La memoria es una noche estrellada que fai referencia á obra de Cabanillas e é presentada no Banco Zaragozano en 1991. 

En 1994 presentou na Galería Juana de Aizpuru a serie chamada La internacional, que anticipa a desaparición das figuras e o protagonismo dos anagramas característicos dos seus traballos máis recentes.

As mostras da súa obra, individuais ou colectivas, sucédense por todo o territorio nacional e a súa obra está presente, non só en coleccións particulares, senón tamén en coleccións institucionais como a do Museo Municipal de Bellas Artes (Santander), e a Colección de arte ABANCA (A Coruña).

AMÓN, J.: Xesús Vázquez (catálogo), Galería Jr, Santander, 1970.

Atlántica, 1980-1986 (catálogo), Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Vigo, 2002.

BONET, J.M.: Divagaciones para X.V en Xesús Vázquez (catálogo), Fundación Marcelino Botín, Santander, 1988.

CALVO SERRALLER, F.: "Enciclopedia del arte español de siglo XX".

DANVILA, J.R.: "Xesús Vázquez:pintura, fantasía y emblema ", en El Punto, 1988.

GONZÁLEZ GARCÍA, A.: Camino del frente en Congelación del Mediterráneo (1984-1988), Cámara de Comercio, Santánder, 1991.

LÓPEZ PATO, S, : "Arte e guerra fría. A propósito da obra de Xesús Vázquez", en A Nosa Terra. Cadernos de pensamento e cultura. n.27, XXV Aniversario da Nosa Terra, Santiago de Compostela, marzo, 2003.

LÓPEZ PATO, S: Xesús Vázquez e a súa obra "1974-1993" un achegamento teórico. Tese de  Licenciatura, Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Historia da Arte (dirixida por María Luisa Sobrino Manzanares), setembro, 2001.

NINYEROLA, A.: La madre de todas las batallas en Xesús Vázquez. La memoria es una noche estrellada. Banco Zaragozano, Zaragoza, 1991.

PFFEIFER, O.: Congelación del Mediterráneo en Congelación del Mediterráneo (1984-1989) (catálogo), Cámara de Comercio, Santander, 1991.

RIVAS, F.: Carta de una bala perdida a Otto Pffeifer en Xesús Vázquez. La memoria es una noche estrellada, Banco Zaragozano, Zaragoza, 1991.

SEOANE, X  y artistas participantes: Urbe, Natura e Cosmos  (catálogo), Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Santiago de Compostela, 1995.    

 

Ver menos 

Obras do artista