Cid, Xosé

  (Ourense  1946 - )
  Web artista: http://xosecidmenor.wordpress.com/xose-cid/

Xosé Cid Menor segue a estela deixada polos membros do grupo O Volter, e forma parte da que se podería denominar como segunda xeración do núcleo activo ourensán. Accedeu ao panorama escultórico a principios dos setenta a través das bienais pontevedresas, participando nos anos 1970, 1972 e 1974, e as súas derivacións como a Trienal de Santiago de Compostela na que gaña a Terceira medalla.
    
Cid pertence a ese grupo de artistas que continúan afondando nas liñas abertas nos sesenta. A súa traxectoria tenaz e perseverante, levouno a ser un dos autores a ter en conta no mundo da escultura das últimas décadas en Galicia.
   
Totalmente autodidacta, apareceu desvinculado de escolas e grupos, aínda que se viu influenciado pola obra de Buciños. Utiliza para as súas obras, materiais tradicionais da escultura galega, como o granito e a madeira, aínda que tamén traballa co barro, terracota e bronce. A súa escultura é de carácter conservador e amable, tanto no aspecto técnico como na iconografía. As súas obras inspíranse na figura humana e acostuman ser de vulto redondo, potenciando a masa, a verticalidade e a solidez. O resultado é unha escultura de carácter totémico que carece de relación co espazo que as rodea. O tratamento que lle infire é superficial, por medio de liñas curvas moi suaves e de amplo radio que provocan sucesións ininterrompidas de planos cóncavos e convexos pouco profundos. 

Na súa obra Xosé Cid trata de potenciar a capacidade expresiva do material: o volume e a textura do granito, trabállase en pedra, as vetas da madeira, ou as pegadas do modelado cando traballa con terracota e bronce.
   
Dende os 70 colabora con diferentes salas como a Galería Altamira de Pontevedra, a Galería Ceibe da Coruña ou a Galería Souto de Ourense, expoñendo en numerosas ocasións, ademais realizou diversos monumentos públicos en localidades galegas dos que podemos destacar: a estatua de San Rosendo de Ourense, Concepción Arenal de Ferrol, o Monumento ao afiador en Santiago de Compostela ou o Breogán do parque de esculturas da Torre de Hércules na Coruña. A súa obra tamén forma parte de importantes coleccións artísticas como: a do Museo Castrelos de Vigo, a Colección de arte Afundación,  a Colección Fenosa da Coruña, entre outras.

Arte Galega, Colección Facultade de Económicas, Universidade de Santiago, 1991.

Artistas Ourensanos, Deputación Provincial de Ourense, 1997.

Artistas Galegos. Escultores, Nova Galicia Edicións, 2002.

CABRERA FERNÁNDEZ, M.; FUERTE, T. y VASCO, A.: El jardín de Hercules catorce escultores bajo la luz de faro, Alva Gráficas, A Coruña, 1995, pp. 82-89.

Colección de Arte Galega, Xunta de Galicia, 1989.

Diccionario de Pintores y Escultores españoles del siglo XX,  Tomo 3.

Enciclopedia Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules Ediciones, A Coruña, 1993.

FERNÁNDEZ GARCÍA, A.: El Arte de Xosé Cid, Casa de Galicia, Xunta de Galicia, Madrid, 1996.

Galicia Arte. Arte Contemporánea (I), Tomo XVI, Hercules de Edicións, A Coruña, 1999.

Galicia terra única. A Escultura actual en Galicia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1997.

GALLEGO, M.M.: Evocación en piedra y bronce, Deputación Provincial de Ourense, 1993.

Gran Enciclopedia Gallega, Tomo VI, pp.160-161.

Índice de escultores Galegos do século XX do Consello da Cultura Galega.

IRINDO, Enciclopedia Galega Universal, Tomo 5.

MOLINA, J.: "La maestra sencillez del escultor Xosé Cid", en Guadalimar, Madrid, 1997.

MON, F., en Gaceta del Arte, Madrid, 1976.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

OCAÑA MARTÍNEZ, J.A.: El Patrimonio Histórico-Cultural del Consejo Superior de Investigaciones Científicas, CSIC, Madrid, 2001, páx. 4.

OCAÑA MARTÍNEZ, R.C.: Escultura de Xosé Cid, Centro Cultural Deputación Provincial de Ourense, Ourense, 2002.

PLAZA MOLINA, G.: Arte en Galicia. La década del boom 1970-1980, Ed. do Castro, A Coruña, 1981.

Ver menos 

Obras do artista