Freixanes, Xosé

  (Vigo, Pontevedra  1953 - )
  Web artista: http://www.josefreixanes.com/

Estudou Belas Artes en Bilbao e posteriormente en Madrid, onde estableceu a súa residencia. Pese a non vivir en Galicia, seguramente a raíz da amizade que o unía a Antón Patiño, pasou a formar parte de Atlántica, colectivo que naceu nos anos 80 coa intención de recuperar a poética e a influencia do movemento renovador, naquela Galicia "inxenuamente expresionista e fabuladora de cores e de formas da natureza" segundo Antón Castro. 

Freixanes simultaneou Madrid, Vigo e Nova York. Con 42 anos solicitou praza nas Facultades de Granada, Madrid e Pontevedra. Concedéronlla nas dúas primeiras e optou por irse a Granada. Formou parte da comisión plástica do Consello da Cultura Galega que promoveu, entre outras cousas, a creación do Centro Galego de Arte Contemporánea. 

O seu discorrer artístico fundaméntase na investigación técnica, e entende a sucesión de etapas como unha ruptura coa anterior. A súa produción arranca nos anos 80 coa creación dunhas obras expresionistas centradas fundamentalmente no debuxo e a composición. Nesta etapa realízase unha pintura matérica con referencias á natureza e unha figuración colorista. No ano 1986 a figura perde importancia e o protagonismo é da materia máis orgánica. Nas súas últimas obras exerce un proceso de estilización que el denomina "nomadismo evasivo". Trátase dun proceso de depuración formal onde a viaxe e o seu recordo acaparan o lenzo. Incorpora materiais perecederos, propiciando a idea do efímero como filosofía artística.

Realizou unha exposición cada catro anos en Madrid, de maneira que os importantes saltos cualitativos dentro da súa carreira artística fanse moito máis patentes. Hoxe en día Freixanes é un creador recoñecido a nivel internacional.

Dende abril de 1994 a agosto de 1996 ilustrou semanalmente en La Voz de Galicia unha serie que chamou Dende as varandas. No 96 continuou os seus traballos gráficos na serie Teatro do Mundo no Correo Galego. Como escritor realizou a novela Compresa de Catsup, publicada en Luzes de Galiza.

A súa obra forma parte dos fondos intitucionais e coleccións privadas como a Colección Grupo 16 (Madrid), MNCARS (Madrid), Museo de Bellas Artes (Vitoria), Legado Juana Mordó (Madrid), Xunta de Galicia, Colección Unión Fenosa (A Coruña), Chase Manhattan Bank (Nova York), Colección Banco de España (Madrid), Colección Argentaria (Madrid), Colección de arte Afundación (Vigo), Unión de la Banca Suiza (Madrid), Colección da U.N.E.D (Madrid), CGAC (Santiago de Compostela), Colección Caja Madrid (Madrid), etcétera.

La abstracción en Galicia, Monográfico de   " A Trabe de Ouro", tomo III, Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 1993. 

Artistas galegos: pintores (neoexpresionismo-abstracción). José Freixanes, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

Atlántica, 1980-1986 (catálogo), Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Vigo, 2002.

BAAMONDE, A.: "Expresión atlántica", en Luzes de Galiza, núm. 13, 1989.

BONITO OLIVA, A.: "A arte a linguaxe: diferencias e relacións", en Imaxes dos oitenta desde Galicia (catálogo). Dirección Xeral de Cultura, Santiago de Compostela, 1984.

CALVO SERRALLER, F.: "Descubrir el atlántico ", en El País, 25 de abril de 1981.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del Arte Español del siglo XX: artistas, Mondadori, Madrid, 1991.

CASTRO, X; SOBRAL, A.: "A plástica galega hoxe", en Artistas galegos en ARCO'84, Santiago de Compostela, 1984.

CASTRO, A.: Expresión Atlántica. Arte galega dos 80, Editorial Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

CASTRO, A.: "José Freixanes y Antón Castro, una conversación ", Catálogo de la Galería Pierre Birtschansky, París, 1989.

CASTRO, A.: Freixanes, Deputación de Pontevedra, Vigo, 1992.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

Los días lentos (1990-2000) (catálogo), Fundación Caixa Galicia, Concello de Santiago, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 2002.

FERNÁNDEZ-CID, M.: Punto. Artistas jóvenes en Madrid, Madrid, 1984.

Fragmentos del todo (Como flores tardías): José Freixanes, Arte & Estética, Diputación de Pontevedra, Pontevedra.

FREIXANES, V.: Teoría (breve) de la salvación (catálogo), Galería Juana Mordó, Madrid, 1990. 

Freixanes (catálogo), Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 1991.

FREIXANES, J.: Laberinto de signos (catálogo), Galería May Moré, Madrid, 1994.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I. Hércules de Ediciones: A Coruña, 1993. 

GARCÍA, A.: Onte e hoxe do século XX, Bienal Nacional de Arte, Pontevedra, 1985.

GÓMEZ ARCOS, A.: Visita al estudio (catálogo), Galería Juana Mordó, Madrid, 1986.

Historia del arte gallego, Alhambra, Madrid, 1982.

José Freixanes (catálogo). Galería Juana Mordó: Madrid, 1986.

José Freixanes, (catálogo). Galería Juana Mordó: Madrid, 1990.

Laberinto de signos. Libro de autor sobre un cuaderno de viaje. Arte e ilusión, Galería May Moré, Madrid, 1994. 

LOGROÑO, M.: Noche y día de Freixanes (catálogo), Galería Ovidio -ARCO'84, Madrid, 1984.

MON, F.: Pintura Contemporánea en Galicia, Atlántico, A Coruña, 1987.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, La Coruña, 2000.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003

PATIÑO, R.: "La expresión artística. La actual pintura gallega ", en Galicia: Realidade Económica e Conflicto Social, Banco de Bilbao, 1978.

PEREIRO, R.: Atlántica 80 (catálogo), Casa da Cultura, Baiona (Pontevedra), 1980.

Pintores e Escultores Galegos na EXPO'92 (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1992.

PLAZA MOLINA, G.: Arte Gallego. La década del boom (1970-1980), Ediciones do Castro, Sada (A Coruña), 1981.

QUERALT, R.: "Hay que ser necesariamente moderno en los 80 ", en Transformaciones. Pintura española de los ochenta, Pontevedra, 1983.

Renovadores da Pintura Galega, 1945-1982, Concello da Coruña, A Coruña, 1982.

SEOANE, X.: Mundos (catálogo), Consellería de Cultura y Deportes, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

SEOANE, X.: Reto ou rendición, Edicións do Castro, Luzes de Galiza Arte, Sada (A Coruña), 1994.


LIBROS DO AUTOR:

Desde una música de viento y piedras, Texto de Ignacio Castro, debuxos de José Freixanes, Cruce, Madrid, 1996.

Ver menos 

Obras do artista