Luis Alemany, Xoti de

  (Vigo  1953 - )

Naceu en  Vigo en 1953 aínda que reside na Coruña dende 1956. Realizou a súa primeira exposición no ano 1973 xunto a Pedro Muiño. Nos seus primeiros anos identificouse coa abstracción matérica da vagardia catalá (Tapies e Millares). 

Foi membro fundador dos colectivos coruñeses "O Carón" e "La Galga " durante a década dos setenta.

O Carón era un colectivo formado non só por artistas plásticos (Alberto Carpo Chelín, Xoti de Luis, Elvira Blanco, Tomás Pereira, Xosé Tomé, Manuela Folgado, Xaime Cabanas e Correa Corredoira e o escultor Mon Vasco) senón tamén por fotógrafos (Manolo Abad, Suso Montero, Xavier Iglesias e Luis Carrié) e persoas procedentes do mundo das letras (Ánxeles Penas, Francisco Taxes, Agustí Fernández Paz e Xavier Seoane). O actor Luis Martín Uriarte tamén formou parte do colectivo, sendo O Carón pioneiro en Galicia de accións como as do Mestre Mateo e a do psiquiátrico de Conxo (está última desenvolvidada cos internos). O grupo non participaba dunha estética común e, grazas á pluralidade dos seus compoñentes, puidéronse alcanzar resultados interesantes con happenings ou poesía experimental.

En A Galga participou con outros artistas que viñan de O Carón como Chelín, Xaime Cabanas, Correa Corredoira e Mon Vasco. Uniuse a eles César Otero, e máis tarde Pepe Galán (pintor e escultor), Fermín Encinar e xa en 1980 Alberte Permuy. A Galga produciu actitudes máis innovadoras que os grupos xurdidos en Galicia con anterioridade, centrándose na abstracción e a arte conceptual, ademais de amosar unha grande preocupación polo obxecto, a acción provocadora e os happenings.

Tamén participou no colectivo GrupOrzán que logo se converteu en galería de arte.

As súas obras están expostas en importantes institucións como no Museo de Arte de León, Museo Carlos Maside de Sada, Museo Bello Piñeiro de Ferrol, C.G.A.C, Colección de arte Afundación, Pinacoteca de Caixa Pontevedra en ABANCA Colección de arte.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del arte español del s.XX, Mondadori, Madrid, 1991.

Galicia Arte. Arte Contemporáneo I.
Tomo XVI, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993. 

Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 30, Silverio Cañada Editor, Xixón, páx. 207.

PLAZA MOLINA, GArte en Galicia. La década del boom (1970-1980), Ediciones do Castro, Sada (A Coruña), 1981.

SEOANE, X.: Reto ou Rendición, Ediciós do Castro, Luzes de Galicia/ Arte, O Castro (Sada), A Coruña, 1994.   

SOBRINO MANZANARES, Mª. L.: "La Edad Contemporánea", Historía del Arte Gallego , Alhambra, Madrid, 1982.

SOBRINO MANZANARES, Mª. L.: Muestra del Arte Gallego ,  Madrid, 1982.

Ver menos 

Obras do artista