Oro Claro, Xurxo

  (A Golada (Pontevedra)  1955 - )
  Web artista: http://xurxooroclaro.com/

Naceu na aldea pontevedresa de A Golada, pero dende neno viviu en Allariz. A súa formación foi autodidacta. El na súa soidade e coas súas reflexións foi evolucionando no seu labor e vida persoal.

En 1979 trasladouse durante un ano a vivir a Palma de Mallorca. Alí experimentou coa construción de móbiles con madeira e plástico. Regresou a Allariz e recluíuse buscando solucións vitais. Durante este tempo relacionouse con outros artistas ourensáns como Acisclo Manzano e Virxilio.Residiu unha temporada en Londres en 1983, e foi alí onde coñeceu a pintura Americana dos anos 50, interesándose polos expresionismo abstracto, que lle influíron notablemente a nivel artístico e persoal.

De volta en Allariz, traballou nunha pintura xestual influenciado principalmente por Pollock e De Kooning, con amarelos, vermellos e laranxas, aplicados de forma intensa. Do barroquismo dos seus comezos, con pinturas matéricas nas que o colaxe obxectual convive con signos e símbolos crípticos, chega á abstracción para posteriormente pasarse á escultura, coa realización de pezas minimalistas.

Na súa escultura, na que emprega materiais tan diferentes como a pedra, o ferro, a madeira, o aceiro inoxidable ou incluso os elementos industriais, hai case sempre unha intencionalidade catártica, con obxectos mediáticos que aluden á morte, á agresividade ou á destrución; testemuños limpos, asépticos, pechados e inamovibles do universo deste artista.

1+1=12 (catálogo), Museo de Ourense, Ourense, 1989.

AI meu Ourense (catálogo), Museo de Ourense, Ourense, 1990.

Arte gallego en Caixa Galicia: en el aula de cultura de Santiago de Compostela (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1992.

Artistas Galegos: escultores (expresionismos-abstraccións). Xurxo Oro Claro, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2003.

CASTRO, A.: Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Marisa Marimón, Ourense, 1995.

X ciclo de Plástica Galega (catálogo), Caixa Galicia, A Coruña, 1981.

Contravento e marea (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1994.

FRANCO, C.: Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Abel Lepina, Vigo, 1992.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GONZÁLEZ ALEGRE, A.: Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Ad-Hoc, Vigo, 1994.

Imaxes dos oitenta desde Galicia (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago, 1984.

Kunst Messe (catálogo), Galería Esse, Hannover, 1990.

I Mostra Unión Fenosa (catálogo), Museo Unión Fenosa, A Coruña, 1989.

II Mostra Unión Fenosa (catálogo), Museo Unión Fenosa, A Coruña, 1991.

III Mostra Unión Fenosa (catálogo), Museo Unión Fenosa, A Coruña, 1993.

IV Mostra Unión Fenosa (catálogo), Museo Unión Fenosa, A Coruña, 1995.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

NIEVES, J. de: Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Obelisco, A Coruña, 1993.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

PEREIRO, R.: Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Por Amor á Arte, Oporto, 1997.

XI Premio Internacional de grabado Máximo Ramos (catálogo), Concello de Ferrol, Ferrol, 1994.

SARMIENTO, R.: Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Ad-Hoc, Vigo, 1994.

SARMIENTO, R.: "Contra o seu vento e alleas mareas", en Contravento e Marea (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1995.

Trazos e camiños (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1993.

Urxencias (catálogo), Pontevedra, 1992.

Volumenes (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1992.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Sargadelos, Santiago de Compostela, 1985.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Colegio de Arquitectos, Vigo, 1989.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Expresión, Ourense, 1990.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Esse, Colonia, 1991.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Abel Lepina, Vigo, 1992.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Obelisco, A Coruña, 1993.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Expresión, Ourense, 1989.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Ad-hoc, Vigo, 1994.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Marisa Marimón, Ourense, 1995.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Ad-hoc, Vigo, 1996.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Por Amor à Arte, Oporto, 1997.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería Por Amor à Arte, Oporto, 1999.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Galería 57, Madrid, 2000.

Xurxo Oro Claro (catálogo), Servicio de Publicaciones del Principado de Asturias, Xixón, 2003.

Ver menos