Cousas da vida

¡Ja, ja, ja! El hombre más bueno del mundo y dice que ha tenido ideas anarquistas. Castelao

  Registro: 751

  Dimensións: 48 x 36.5 x 2 cm

  Técnica: tinta sobre papel

  Categoría: Xeración Nós

Comentario:

Texto completo: 

Cousas da vida

«―¡Ja, ja, ja! El hombre más bueno del mundo y dice que ha tenido ideas anarquistas cuando era joven. ¡Ay, que risa!»

Neste debuxo hai unha esaxeración na caracterización das figuras, xa que Castelao emprega unha dualidade moral, para ridiculizar ao cacique faino falar en castelán, mentres que se representa a un campesiño faino sempre en galego. Coa mesma fin estiliza, ou engorda, as formas do cacique, sendo máis naturista nas representacións da xente do pobo. Esta é unha das críticas constantes na obra de Castelao: os caciques como opresores da sociedade e culpables de todos os males. É nisto onde incide Castelao, defendendo á xente do pobo, os marxinados, e poñendo aos caciques e á política no punto de mira da crítica. O debuxo é sintético, pero caracteriza con esaxeración as formas dos dous personaxes, un deles extremadamente delgado, con traxe, chapeu, bigote e anteollos, e o outro esaxeradamente gordo, tamén con traxe e chapeu, expresando perfectamente a súa situación social.

Estes debuxos se produciron entre os anos 1922/24 e publícanse no xornal vigués Galicia.