A pastora

A pastora

  Dimensións: 28x39

Comentario:

    Colmeiro achega unha nova dimensión á pintura, reflectindo a aldea vista e sentida dende dentro. Busca fusionar as figuras humanas coa natureza, elaborando paisaxes que se adscriben ao seu facer impreciso e suxerente. En A Pastora, evoca dende a distancia física do seu exilio, a súa terra, e o que nela ocorre nunha xornada cotiá, onde unha pastora vela polas súas vacas nun campo do agro galego. Na obra, sobresae o amarelo, frío e habilmente dosificado combinado con marróns e ocres, con grandes manchas de cor silueteadas en negro. En primeiro plano, sitúa a pastora e unha vaca e na distancia, nun segundo plano, empequenecida, observamos outra res, que se funde coas montañas do fondo.