A xornada

A xornada

  Ano de creación: 1987

  Dimensións: 35x45

Comentario:

    A Xornada combina dúas experimentacións levadas a cabo por Correa Corredoira a finais dos 80: a exploración das posibilidades das figuras porque lle fascinan as posibilidades expresivas do coiro humano, e a técnica da serigrafía coa que ata entón nunca traballara. O artista emprega na estampación da obra catro pantallas de seda e catro tintas serigráficas sobre papel guarro, posteriormente aplica un relevo tallado en linóleo e matízaas con acuarela laranxa. A Xornada é unha homenaxe a Miguel Ángel Buonarrotti realizando unha visión moderna das súas características figuras en escorzo que Correa Corredoira remarca co violento colorido dos tons primarios, azuis, vermellos e amarelos, continuando a excitación cromática que caracteriza a época. As figuras forman unha composición espiral rotatoria e están realizadas con trazos rápidos e poucas sombras, achegando planitude á obra.