Academia

Academia (8)

  Registro: 1015

  Ano de creación: 1873

  Dimensións: 44 x 29 cm

  Técnica: carbón sobre papel

  Categoría: academicismo

Comentario:

O anhelo, a ansia de coñecer, de estudar novos valores fai a Isidoro Brocos saír da Coruña e coñecer outros Centros de Arte e Academias. Foi bolsado en Roma.

Este debuxo pertence aos apuntamentos feitos durante a súa viaxe a Italia en 1873. A obra está datada, de feito, o 3 de outubro de 1883 en Roma.

Nesta cidade Isidoro Brocos tomará infinidade de apuntamentos e debuxos en diferentes museos e ambientes.

O modelo masculino, tomado o natural de pé e de costas, é un home de idade madura. A figura aparece sobre o fondo sombreado con carboncillo difuminado para crear volume e emular a luz natural. Está colocado coas pernas separadas e os pés abertos. Os brazos  exténdense cara á esquerda e o corpo cúrvase cara a dereita. A cabeza xírase cara aos brazos. Esta posición que debuxa un lixeiro escorzo crea tensións que marcan a complexión da figura e cos efectos de claroescuro da calidade da pel (idade) e as articulacións. Baixo o difuminado, que actúa como fondo da figura, intúese o esbozo doutro modelo colocado sobre unha plataforma plana.

Finalmente, cabe destacar que, se comparamos esta academia con traballos anteriores deste tipo, hai un avance tanto na mestría do debuxo como na captación da realidade.