Academia

Academia (6)

  Registro: 1053

  Ano de creación: 1891

  Dimensións: 60 x 36 cm

  Técnica: lapis carbón sobre papel

  Categoría: academicismo

Comentario:

Debuxo datado en Madrid o 23 de marzo de 1891. Neste ano Isidoro Brocos preséntase ás oposicións de Modelado e Baleirado de Adorno para cubrir unha vacante na Escola de Belas Artes da Coruña, onde traballaba como auxiliar interino desa mesma materia. A través desta proba consegue a Cátedra. 

O debuxo representa un espido ao natural, de pé e de costas dentro dunha escena que se desenvolve nun exame de debuxo na Facultade, onde os estudantes toman apuntamentos. Posiblemente estea debuxado no propio exame da oposición.

Gran mestría na utilización da entoación, técnica pola cal os tons medios de grises conforman a iluminación e os volumes no debuxo. Facilidade para o debuxo e perfección na súa factura son calidades destacables neste exercicio de Isidoro Brocos.

Por otra parte é interesante comentar os grandes cambios que ían sucederse nesta época respecto a esta disciplina. Ata o ano 1892 o espido ao natural, como outras materias, non se practicaba ata o último curso ou se facía mediante postais. As Academias darán un xiro á súa dirección ampliando as súas materias e tendendo cara un maior naturalismo.