Academia sobre El esclavo moribundo de Miguel Ángel

Esclavo moribundo (I-4)

  Registro: 1002

  Dimensións: 50 x 31 cm

  Técnica: carbón sobre papel

  Categoría: academicismo

Comentario:

Isidoro Brocos, con áxiles trazos de lapis, recolle apuntamentos de todo aquilo que lle chama a atención: esculturas, retratos e paisaxes que encontra na multitude de viaxes que realiza ao longo da súa vida (París, Roma ...).

Nesta ocasión reflicte con precisión a obra de Miguel Ángel El esclavo moribundo, que se encontra no Museo de Louvre de París. Nos fondos de ABANCA Colección de arte existe outro debuxo realizado por Isidoro Brocos, titulado El esclavo moribundo e semellante a este, pero con menor detallismo.

Brocos demostra unha vez máis o seu coñecemento da anatomía humana ao dibuxalo con mestría, detallando os seus músculos en profundidade. Na obra aparece un mozo espido en lixeiro perfil, coa cabeza inclinada cara o seu ombro dereito, deixando ver a parte esquerda do rostro, no que se adiviña serenidade. Eleva o seu brazo esquerdo musculoso por detrás da cabeza; o dereito flexiónao descansando a súa man sobre o peito, cruzado por un estreito pano. A perna esquerda, ríxida e musculosa, descansa no chan soportando o peso da figura. A dereita, flexionada, descansa sobre un baixo pedestal. A luz entra de fronte iluminando a figura.