Aguia con esfera

Aguia con esfera

  Ano de creación: 1989

  Dimensións: 100 x100 cm.

Comentario:

     Esta imaxe pertence a unha serie na que as imaxes de animais serven ao autor de punto de partida para a reflexión filosófica sobre o ser imaxinario e a bestia, como mitos abstractos. Trátase dunha exploración sobre a natureza dos obxectos. Sobre un fondo branco, espectral, coloca dous elementos que rara vez se chegan a tocar. Por unha parte aparece un elemento animal, procedente da taxidermia, polo tanto fronteirizo entre a vida e a morte, e por outro un obxecto de orixe industrial ou artesanal, aludindo ao home dunha maneira indirecta. O ollo, establece relacións automáticas entre eles, do mesmo xeito que o autor une a estes dous elementos baixo criterios intuitivos. A obra de Vilariño constitúe unha incursión creativa no imaxinario, sobre o obxecto e o animal, sobre o espazo e o baleiro, sobre o ser e o non ser. Estas imaxes, desprenden certa nostalxia romántica, a propia dos relatos literarios decimonónicos e dos manuais de ciencias naturais, que non pretendían ser en ningún momento un calco da realidade. Todo este universo visual, repleto de fantasmas, trasládase á pulcritude técnica da fotografía.