Amenaza inminente del rojo I

Amenaza inminente de Rojo I

  Registro: 435

  Ano de creación: 1994

  Dimensións: 194 x 188 x 3.2 cm

  Técnica: óleo sobre lenzo

Comentario:

Esta obra foi realizada na década dos noventa, cando inicia o ciclo de pantallas, formado por lenzos de grandes dimensións, onde a abstracción se converte nunha linguaxe que plasma as vivencias do artista, o seu mundo interior. Os seus cadros, sinxelos, construídos sen apenas materia, teñen unha gran carga simbólica, conseguida a través do protagonismo da luz, que será unha constante na obra de Din Matamoro. É nesta época cando a influencia do cine se fai evidente, especialmente na busca da luz. Nesta obra presenta un efecto lumínico de gran intensidade, onde a luz parece xurdir do interior do lenzo, apropiándose de toda a composición mediante un branco cegador. No ángulo superior esquerdo, crea un pequeno contraste cromático, cunha sutil e degradada mancha vermella que "ameaza" con destruír a paz e serenidade que o branco proporciona ao cadro. Deste modo, consegue manter a tensión ata o momento no que o branco se vexa invadido polo vermello.