Apunte

Apunte (12)

  Registro: 1038

  Dimensións: 12.5 x 10 cm

  Técnica: lapis sobre papel

  Categoría: academicismo

Comentario:

Trátase dun debuxo dobre. No anverso aparece o apuntamento dunha anciá cunha taza sobre os xeonllos. A roupa está  descrita a partir de liñas que configuran os pregos, mentres esboza o rostro con algunhas referencias aos trazos e ao xesto da anciá. O volume da figura  lógrase polo abombamento do vestido do personaxe.

No reverso, aparece un rostro masculino de perfil. O debuxo responde a un apuntamento rápido polo xeito despreocupado de unir a cabeza co pescozo. O rostro descríbese polos seus trazos básicos bosquexados.