Apuntes de tema mitológico

Dibujo (13)

  Registro: 1059

  Dimensións: 27.5 x 20 cm

  Técnica: tinta chinesa e lapis de grafito sobre papel

  Categoría: academicismo

Comentario:

O debuxo non é máis que un bosquexo moi aproveitado con varios apuntamentos de tema clásico principalmente.

No anverso, a tintura chinesa e lapis negro divide o tercio superior en dúas partes: na esquerda un debuxo apaisado dunha parella clásica en actitude amatoria, baixo o dosel dunha tenda de campaña; na dereita outro debuxo en vertical dun patricio romano en roupa talar. No centro representa unha escena clásica dramática: un personaxe morto, tumbado no chan e xunto a el, unha dama axeonllada saloucando ante o cadáver, cos brazos abertos e inclinada cara o defunto. De pé encóntrase un home desesperado que se leva as mans á cabeza.

Na zona inferior hai diversos apuntamentos sen importancia.

No tercio superior do reverso, dúas damas premian a un poeta impoñéndolle a coroa de loureiro en presenza de público. Ao lado, un xinete e o seu cabalo son detidos por varios homes. Os dous tercios restantes, debuxados a lapis e a grafito, están ocupados por diferentes estudos de cascos de guerra e de personaxes guerreiros, entre eles sobresae un cabaleiro na parte esquerda.