Árboles en la tarde

Arboles en la tarde

  Ano de creación: 1988

  Dimensións: 230x190

Comentario:

    Árboles en la tarde encádrase dentro da abstracción lírica, movemento ao que se achega Ruibal nos seus inicios pictóricos. A natureza é un dos primeiros temas tratados polo artista, e protagoniza a súa obra a partir dos 90. Os cadros de Ruibal están marcados por un profundo sentimento ecoloxista que non o abandonará nunca. Á hora de plasmar a natureza, segue os ditados do filósofo alemán Scheling, procurando "captar el instante único, donde la naturaleza tiene plena y verdadera belleza"1. A bicromía, é característica de toda a súa traxectoria, empregando o fondo como foco de tensión, e resaltando o que mostra en primeiro plano. Nesta obra, destaca, sobre un fondo amarelo, unha serie de liñas esquématicas que simbolizan as árbores, pintadas en tons azuis e grises.


1 PAREDES, T.: "Manolo Ruibal, 1985-1999: un proceso de depuración", en Ruibal, 1985-1999: un proceso de depuración (catálogo), A Coruña, 2000.