Arbre das dúas cabezas

Arbre das dúas cabezas

  Dimensións: 41x32

Comentario:

    Serigrafía realizada con catro pantallas de seda e catro tintas serigráficas, sobre papel de fío branco. En 1985, a autora realizou unha pintura de gran formato (300x200) co mesmo motivo e título. Sobre un fondo prateado, que representa un muro de ladrillos, hai unha figura alongada, moi esquemática e xeométrica, con dúas cabezas: unha delas redonda e a outra moi angulosa. A cabeza redonda, comparte o mesmo motivo de ladrillos que o fondo. Está representada de fronte, totalmente plana e sen expresión. A outra, moi xeométrica,  represéntase de perfil. No tronco dispón dous círculos en vertical, e como único pé ten un apéndice que se asemella a unha man. Este tipo de figuras, de formas sintéticas, proveñen da influencia que teñen sobre Menchu Lamas, as figuritas de pan pintado de San Andrés de Teixido. Segundo Victoria Combalia1, estes híbridos de troncos alongados, con cabezas xeométricas e cun só pé (ou man), teñen na verticalidade unha simboloxía fálica que o rexe todo, sendo o resto simetría, ao igual que nas artes arcaicas e primitivas.


1COMBALIA, V.: "Simetrías Turbadoras", en El País (24/03/1984).