Boceto para la escultura del Padre Feijoo

El padre Feijoo

  Registro: 68

  Ano de creación: 1912

  Dimensións: 29 x 11 x 10 cm

  Técnica: barro cocido

  Categoría: academicismo

Comentario:

Isidoro Brocos realizou escultura relixiosa, a pesar de non ser moi do seu agrado, xa que era un tema con gran demanda na época.

ABANCA posúe na súa Colección de Arte, o bosquexo preparatorio para a escultura do Padre Feijoo.

Realizada en barro cocido, amosa ao frade en actitude reflexiva, cos ollos cerrados e a man dereita baixo a barbela; co brazo esquerdo sostén un libro de gran tamaño. Aséntase sobre un pedestal, co pé dereito máis adiantado. Está vestido coas ropaxes propias da súa orde formando pregos, propios das obras escultóricas de Isidoro, que aparecen redondeados para darlle peso e estabilidade á figura.

Analiza Manuel Chamoso Lamas (ex presidente do Museo de Belas Artes da Coruña) as características da escultura relixiosa de Brocos, sendo estas aplicables á obra que nos ocupa: "Se aprecia el dominio correcto de la forma, el purismo del tratamiento plástico que la caracteriza, y, sobre todo, el naturalismo sensual que impresiona la sensibilidad del devoto de modo correcto" 1.

Padre Feijoo é representado en multitude de ocasións ao longo da historia polos artistas galegos, xa que foi un dos personaxes máis sobresaíntes da cultura galega do século XVIII. 

Na base da escultura aparece a inscripción: "Brocos, Coruña 1912".


 1 CHAMOSO LAMAS, M.: "Isidoro Brocos". En Isidoro Brocos. Dibujo, Pintura, Escultura, (catálogo). Diputación Provincial de A Coruña: A Coruña, 1985.