Bodegón con pájaro

Bodegón con pájaro

  Ano de creación: 1985

  Dimensións: 153x179

Comentario:

    Neste bodegón Castillo ubica os obxectos nun mesmo plano creando unha obra sen profundidade e cercana ao espectador. Os tons amarelos das froitas e do paxaro morto, colgado sobre a mesa, crean un contraste coas tonalidades escuras da mesa e do ángulo dereito do fondo da pintura, dividindo o cadro en dúas metades cromáticas diferenciadas tamén luminicamente. Os obxectos da natureza morta aparecen sobre a mesa presente nesta época de forma case obsesiva.

    Kosme de Barañano defende a idea de dúas liñas argumentais básicas na construción dos cadros de Castillo: o debuxo, que enmaraña e percorre os elementos figurativos, e a cor, que tende a borrar os detalles e crear a inquietude1. As tonalidades, a disposición dos obxectos e a presencia das sombras recordan á obra de De Chirico, onde obxectos cotiáns contrastaban en espazos oníricos nos que o espectador perdía a noción de realidade.


1BARAÑANO, K. de: "Jorge Castillo: cristalización de memoria", en Jorge Castillo (catálogo), Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 2001.