Bodegón con perdices y peces

Bodegón con perdices y peces

  Dimensións: 100x130 cms.

Comentario:

    Bodegón con perdices y peces  é un dos mellores exemplos da influencia de Cézanne e os impresionistas sobre a obra de Souto. Realizado nunha paleta sobria e baseada en tons torrados, que remite aos exemplos barrocos de bodegón -época de esplendor deste xénero- en teas brancas sobre as que dispón os obxectos; que son un exemplo dos parámetros modernos dende os que o artista revisita este tema. Os distintos puntos de vista que parece adoptar para representar os obxectos remiten ás obras do citado mestre francés, así como a importancia que concede á liña do contorno, trazo que Souto tomará do postimpresionismo ata convertilo nun signo da súa obra. A pincelada, rápida, pulsante e matérica dota de modernidade técnica ao cadro. A revisión de asuntos clásicos e académicos baixo as pautas da modernidade é unha das características da obra de Souto e os seus coetáneos galegos, que trataran de renovar a anquilosada arte galega, partindo de técnicas vangardistas coas que, non obstante, reinterpretan temas tradicionais.