Bordillo de acera, Soho

Bordillo de acera, Soho

  Ano de creación: 1983

  Dimensións: 122x153

Comentario:

    Esta é unha das obras da época neoiorquina de Castillo, na que realiza unha serie de cadros de gran formato da cidade de Nova York, representando escenas cotiás que ve no día a día do seu barrio, o Soho. Como é costume nas súas representacións neoiorquinas, a temática principal é as beirarúas e o que nelas ocorre, representando a suciedade da rúa dunha gran cidade, cunha paleta de cores na que predominan os ocres e marróns. Nesta obra resalta os papeis que hai tirados en primeiro termo cunha cor branca moi luminosa que contrasta co cromatismo neutro do resto do cadro. O debuxo está na base da creación destas obras, onde destaca o carácter liñal do trazo.