Busto de Manuel Quiroga

Busto de Manuel Quiroga. Francisco Asorey González

  Registro: 49

  Ano de creación: 1920

  Dimensións: 51 x 30 x 37 cm

  Técnica: fundido en bronce procedente dunha escaiola de época

  Categoría: o Rexurdimento, realismo

Comentario:

Manuel Quiroga foi un violinista pontevedrés de fama internacional, ata que en 1937 un tráxico accidente truncou a súa meteórica carreira. Este busto en bronce, pertence a un estudo realizado para un monumento en granito deste famoso músico galego nos seus anos de gloria, que foi instalado na Alameda de Pontevedra en 1926.

Nesta peza, Asorey logra sacar ao retratado toda a expresión e emotividade que lle eran características. Non só reproduce os seus trazos, senón que o material da escultura se contaxia da forza vital do artista. O rostro é vigoroso, con faccións moi marcadas, mirada ensoñadora e cellas engurradas que imprimen carácter á figura, á que dota dun realismo acentuado. Tecnicamente, destaca a influencia da escultura de Rodin.