Calle con kiosko

Calle con kiosko

"Calle con kiosco", Mª Antonia Dans. Fondos Colección Caixa Galicia

  Ano de creación: 1969

  Dimensións: 81x100

Comentario:

    María Antonia Dans reflicte neste cadro unha paisaxe urbana, poboada por figuras que acoden ao quiosco, eixe central da composición. A cor móstrase nunha gran variedade cromática onde prevalece o amarelo. A obra recorda ao postcubismo, disciplina coa que experimenta a mediados dos 50, na execución dos edificios. A técnica utilizada é o óleo, co que volve pintar a finais dos 60 despois de abandonalo en 1962. Os críticos sitúana dentro do fauvismo, xa que os trazos son grosos e nítidos, carentes de profundidade, dotando Dans dun aspecto plano ás súas composicións que en parte as afastan deste movemento.