Carretera de Fontán

Carretera de Fontan Llorens

  Dimensións: 60x78 cm.

  Técnica: óleo s/ lenzo

Comentario:

    Unha vez máis Lloréns capta a paisaxe das rías galegas dende unha das súas beiras. Derívase de aí a composición en rexistros, onde alterna a terra co mar e o ceo. Créase así un xogo de cores, combinando os terras e verdes cos tons azuis da ría e do ceo. Esta luminosa paisaxe resulta lúdica como a estación estival, especialmente ao incluír nela elementos accesorios como o animal do primeiro termo ou o pequeno veleiro que suca as augas do estuario.