Cientología

Cientología

  Ano de creación: 1974

  Dimensións: 200 x 105 cm.

Comentario:

    Cientología pertence a unha serie de obras realizadas en Ibiza tras o seu regreso de América. Nestes cadros, o autor plasma as experiencias adquiridas en contacto coas vangardas neoiorquinas e mexicanas. Neste exemplo, Quessada articula unha dura crítica Antifuturista partindo do concepto da velocidade, que emprega para crear un contorno oprimente, sen perspectiva nin espazo. É unha velocidade absurda. Os corpos son arrolados por masas embaladas que crean enexías sen sentido. Na obra distínguense influencias surrealistas, figuración, abstracción, dominando sobre todo  o Pop Art de xogos ópticos. Todas estas influencias están tamizadas por unha visión persoal do artista, altamente politizada. Na zona inferior, distínguense figuras humanas desdebuxadas ao estilo expresionista de Francis Bacon, que son arroladas por unha forza brutal en forma de enerxía. Esta imaxe simboliza os problemas do home do noso tempo, devorado pola sociedade neocapitalista. Sobre eles, e presidindo a escena, aparece a figura dun gran cubo pintado en amarelo e verde claro. Del parte unha liña amarela vertical, que une esta forma á gran franxa azul da parte superior da obra. Esta zona está claramente influenciada polo op-art norteamericano.