Cine vacío

Cine vacío

  Dimensións: 180x167

Comentario:

    Esta obra de 1997 tamén pertence ao ciclo de pantallas: superficies inmensas proclives ao baleiro, onde se expande a nada e a luz é a gran protagonista, achegada por un intenso cromatismo. Estes grandes espazos, nos que Din Matamoro desenvolve o seu propio universo, son a captación abstracta do tempo e o espazo. Nesta época, apréciase a estreita relación do artista co mundo do cine, outra das súas grandes paixóns. O propio título da obra "Cine Vacío" fai referencia a esta gran influencia. O artista comenta ao respecto: "Me siento como pez en el agua dentro de la oscuridad de las salas de cine, es mágico el tiempo que se espera hasta que surge el flash de la luz sobre la pantalla (...). El cine me arrastra al pasado, me ayuda a no olvidar y engaña a mi tiempo, gran parte de mi obra le pertenece "1. Neste cadro, unha superficie plana de cor verde, é atravesada verticalmente por unha liña de luz intensa, similar á que aparece nas pantallas de cine, no momento de encenderse: "Algunas veces, cuando salgo del pequeño agujero del tiempo que es mi estudio, surge una raya en mi mente y a veces hasta me cuesta hablar "2. Matamoro compara as salas de cine co seu propio estudo, e se somerxe nelas, para poder atopar a luz que logo translada aos seus cadros, chegando incluso a pintar na mesma sala de proxección. 


1 Memoria de mi olvido. Servizo de Publicacións Deputación Provincial de Pontevedra: Pontevedra, 2002.
2 Opus cit.