Composición

Composición

  Dimensións: 90x90

Comentario:

    Esta obra encádrase na tradición da Vangarda Construtivista onde o xeométrico actúa como visualización lóxica de nocións abstractas. Non obstante, Caruncho tamén usa formas derivadas da xeometría menos transcendental da Bauhaus. O cadro consiste en tres planos rectangulares que se organizan no espazo dous paralelos na parte inferior e outro perpendicular no extremo dereito. As cores planas responden a unha gama sobria de brancos, negros e terras que animan a composición pola súa disposición contrastante, que os leva a potenciarse mutuamente.