Contenido I

Contenido I

  Dimensións: 36 x 80 x 90 cm.

Comentario:

     Manolo Paz reivindica o contacto coa terra, cos materiais, ritmos e realidades da paisaxe, da tradición e do agro galego. É por isto que a súa obra se move entre os recordos megalíticos da cultura celta e a abstracción máis vangardista. Esta obra, efectuada durante a súa estanza en Nueva York, pertence á serie "Contenidos", na que utiliza módulos de granito negro de Campo Lameiro, zona de petroglifos, traballados de forma irregular. Sobre a superficie rugosa, ábrese unha fendedura que, grazas á textura pulimentada e ao seu color, máis oscuro, destaca sobre a rudeza da pedra. Establécese así un diálogo interior-exterior, cheo-baleiro, co que dá lixeireza a este material pesado. Así mesmo, esa fendedura confire á peza un halo de misterio e de sacralidade, que pon en relación con ritos arcanos. Realiza unha busca do hoco para que a rocha respire, para que o seu interior se abra ao exterior e  xordan novos valores íntimos, propios da pedra, lustrados a través da súa pulimentación. Xoga cos contrastes de texturas, de liñas e de cores. O artista intenta espir a pedra, mostrarnos o seu interior ou simplemente facer oca a súa impermeabilidade, para facer visible outro espazo ata entón incógnito.