Conversa

Conversa

  Dimensións: 70 x 100 cm. (medidas con marco: 80,8x110,5x 5,5)

Comentario:

    Esta obra pertence á etapa dos anos corenta, cando Seoane comeza a interesarse polo óleo, pois, ata o momento, a súa faceta artística máis destacada fora a do gravado. Nesta obra, por ser unha das primeiras, apréciase unha pintura moi matérica, onde aínda se evidencia o trazo vigoroso co que recalca os perfís da forma, aínda que xa se albisca o camiño cara unha linguaxe máis abstracta. As figuras constrúense con fortes pinceladas empastadas, de cores terrosas e grises, e vense delimitadas por un groso contorno que dá lugar a voluminosas siluetas. Estas formas, dun afán case escultórico, tratan de ser un símbolo de Galicia, a muller como Mater Gallaecia e prototipo do pobo galego, un tema que se converterá nunha constante na súa produción. Estas imaxes robustas, maxestuosas,  achéganse á concepción da estética do granito, que comparte nos seus comezos, con artistas da súa xeración, os denominados Renovadores, entre os que se encontran Laxeiro, Colmeiro ou Souto. As figuras, silenciosas e atemporais, conservan a esencia popular. Son mulleres silenciosas que, reunidas, esperan aos seus maridos. Unhas inquietas, outras absortas e pensativos, son representadas como o reflexo da súa terra, do seu pobo e a súa tradición. Simbolizan á Galicia traballadora e sufrida, loitadora, pero ao mesmo tempo resignada ao seu destino de miseria e explotación. Seoane está sempre pendente de transmitir os acontecementos que o rodean, o sentir do seu pobo, e as mulleres serán protagonistas de numerosas obras, por ser as sustentadoras dun pobo que se queda sen homes por culpa da emigración: "Galicia é un home que marcha, que emigra... o home soio músculos que marcha, de Rodin, o home soio fame que marcha, de Giacometti"1. A base fundamental da temática da súa obra é Galicia, mantendo sempre o compromiso co seu pobo.

    Del Románico, toma también la manera de componer y de generar espacio. Las composiciones, ya desde un principio son planas. La tridimensionalidad no le interesa tanto como el color y la forma, y la genera mediante el tamaño de las figuras. Aparece un pequeño atisbo de paisaje en el mar, tan típico de la geografía gallega, que coloca al mismo nivel que la tierra, como fruto de ese rechazo por la tercera dimensión y por otorgarles a ambos la misma importancia. Los colores terrosos, grisáceos y de tonalidades tristes, son reflejo de un clima y un paisaje húmedo, y quizá también de la morriña y el carácter que acompañó siempre al artista.


1SEOANE, L.: "O home que marcha". A maior abondamento. Cuco-Rei: A Coruña, 1972.