Cosecha del 95, Cosecha del 96

Cosecha del 95, Cosecha del 96

  Dimensións: 210x60 c/ pieza

  Técnica: Varas de acacia plastificadas

Comentario:

    A Guarda, espazo vital onde transcorre a vida deste artista, é esencial para entender e analizar a súa obra, onde o obxecto deixa de ser un elemento central, en favor da historia e a simboloxía que oculta. A natureza serve a Barbi como nexo conceptual e estético. Non a retrata, senón que selecciona dela aquilo que lle interesa. A obra Cosecha del 95, Cosecha del 96 está dentro da poética do obxecto atopado pero, sobre todo, da reciclaxe. Nesta instalación, Barbi forra de plástico unhas varas de acacia que nos trasladan ao agro galego. O artista acentúa a relación entre natureza e conceptos, reformulando os logros de moitos minimalistas e artistas "land", na liña de Heizer ou Walter de María.