Cuadro 92

Cuadro 92. Manuel Millares

  Dimensións: 150x200

Comentario:

A partir de 1959 Millares crea os Homúnculos, estopas que toman forma de figura e suxiren ser seres humanos. Neste momento a obra do artista canario cambia de carácter e convértese no seu propio grito de denuncia ante as atrocidades da historia, non só das que forman parte do pasado, senón daquelas que son aínda presente. Segue dominando o negro, pero o vermello, a estopa vista e, sobre todo, o branco van gañando papel protagonista. Neste momento, Millares recupera a imaxe da cruz como signo. Non ten por que ser unha imaxe explícita, senón que os propios costuróns da tea crean unha contraposición cruzada de vertical e horizontal que remite ao sufrimento e á dor do ser humano, e que lle fan adquirir á súa obra un valor universal, vixente hoxe en día.