Desnudos

Desnudos

  Dimensións: 50x65

Comentario:

    Colmeiro pinta nesta obra a dúas mozas espidas, unha recostada e outra de costas, que se funden coa paisaxe, que representa con grandes manchas en tons verdes e marróns, acentuando a cor. O ceo verde, que envolve ás figuras, proxéctase e confúndese cos tons da terra. Distintos críticos engloban a pintura de Colmeiro dentro do que denominan "fauvismo galaico", de trazos grosos e nítidos, carentes de profundidade, onde as figuras aparecen delimitadas por unha intensa cor negra de considerable grosor. A temática non é demasiado frecuente dentro da traxectoria de Colmeiro, xa que as que realmente caracterizan o seu mundo feminino son as mulleres de campo, rurais, que se encontran nas ferias e festas.